Neste apartado pode consultar a localización, a información de contacto e as características dos servizos e equipamentos con que conta o Concello de Cerceda para atender as necesidades da súa cidadanía.
Desde o ano 2007, o Concello de Cerceda conta cunha aula de informática enmarcada dentro do proxecto da Rede da Dinamización da Sociedade da Información, actualmente coñecida como Rede de Centros de Modernización e Innovación Tecnolóxica (Rede CeMIT).
O Centro Cívico do Concello de Cerceda é un edificio multidisciplinar que pode acoller unha grande variedade de actividades, na maior parte delas socioculturais e actividades deportivas e de lecer.
O Centro Social de Maiores de Cerceda é un lugar de encontro en que se promove fundamentalmente a convivencia das persoas maiores co obxectivo de desenvolver a solidariedade e potenciar a integración persoal e comunitaria.
Antigua escola unitaria que foi rehabilitada e consta de tres aulas de formación nas que se desenvolven actividades culturais, deportivas e de lecer, e unha aula de costura.
A Escola Infantil Municipal Os Pillabáns é unha escola infantil de 0 a 3 anos que se define como un equipamento diúrno de carácter educativo e asistencial, dirixido ao sector infantil da poboación de ata tres anos de idade.
Como membros dun servizo público de ámbito local, os voluntarios e voluntarias de Protección Civil do Concello de Cerceda traballan desde o ano 1999 na xestión de riscos e emerxencias que se producen no municipio, así como da rehabilitación mediante a restauración dos servizos esenciais e a recuperación da situación de normalidade tras a emerxencia.
O punto limpo de Cerceda creouse co obxectivo fundamental de servir como centro de achega voluntaria para a recollida selectiva dos residuos producidos no ámbito domiciliario.
¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.
Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.