O Concello de Cerceda recibiu esta semana as obras de saneamento en Longo, as tubaxes de saneamento e abastecemento en Pao do Lobo e do sistema de depuración da Silva, que foran contratadas no seu día por un valor de 172.884,47 euros.
A Administración local xa ten en contratación, a través do POS da Deputación da Coruña, a depuradora de Meirama xunto coa extensión do saneamento en Ribasoutas, por un importe superior aos 200.000 euros; e tamén están moi próximas as aprobacións do saneamento cara a Gándara; en San Vicenzo (72.000 euros); en Campos de Alga (68.000 euros) e na Cortella e Albarda (279.000 euros).
O alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, asegura que “valoramos favorablemente a finalización destas tres obras, moi demandadas pola veciñanza. Pero xa estamos pensando no futuro, con máis de 600.000 € de obras aprobadas para seguir avanzando a prol do saneamento, como un dos grandes obxectivos en materia de desenvolvemento sostible e calidade de vida. Son actuacións que cobran coherencia cando existe unha demanda real e efectiva. Nese sentido, mención especial merece a depuradora de Meirama, unha das infraestrutura relevante que se van facer realidade no presente mandato".
- Categoría: Noticias
A parroquia das Encrobas, neste ano 2025 se atopa (de novo) dentro da zona tampón delimitada pola Xunta, polo que deben facer a comunicación das plantacións de patacas, acorde ao modelo (ou sede)
Consellería del Medio Rural
RESOLUCIÓN de 24 de enero de 2025, de la Dirección General de Ganadería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, por la que se actualizan las zonas demarcadas por la presencia de la plaga de cuarentena Tecia solanivora Povolny, o polilla guatemalteca de la patata, en la Comunidad Autónoma de Galicia .../...
Ver ou descargar resolución completa (pdf)
Tramitar en liña:
MR465C - Cultivo de pataca referencia SIXPAC das parcelas cultivadas.
Realizar solicitude presencial:
Descargar solicitude (Anexo II, pdf)
- Categoría: Noticias
ASUNTO: ALEGACIÓNS DO CONCELLO DE CERCEDA AO RESPECTO DA SOLICITUDE DE AUTORIZACIÓN ADMINISTRATIVA PREVIA, AUTORIZACIÓN ADMINISTRATIVA DE CONSTRUCIÓN E ESTUDO DE IMPACTO AMBIENTAL (EIA) DO PROXECTO DE LAAT 220 KV BUSTELO E BARALLÁNS-SET MEIRAMA (EXPTE IN408A/2021/047)
- Categoría: Noticias
O Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO), por medio do Instituto para la Transición Justa (ITJ) lanza o concurso do nó de transición xusta de Meirama o concurso do nó de transición xusta de Meirama 220kV, en Cerceda.
Este procedemento, que suma ata 408 MW de capacidade, priorizará os proxectos que minimicen a afección ambiental e maximicen os beneficios socioeconómicos locais. Deste modo, preténdese promover que a instalación de enerxías renovables impulse proxectos industriais, agrarios ou sociais adicionais que contribúan a mitigar o impacto do peche da central térmica.
O concurso busca beneficiar a zona de transición xusta de Meirama, composta por cinco municipios: Carral, Cerceda, A Laracha, Ordes e Tordoia. O alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, valora isto como “un paso importante de cara a converter en realidade os proxectos económicos do territorio”.
Ademais, sinala que “é un proceso que debe facer fincapé en factores como os beneficios socioeconómicos, sostibilidade, autoconsumo para os cidadáns e empresas da zona, xeración de emprego, plans de formación...”, e recalca que “esa pegada positiva para o interese público representa para nós unha razón de ser e estar”.
Beneficios para as zonas de transición xusta
Entre os criterios para a adxudicación do concurso, ademais de priorizar aqueles proxectos que minimicen a afección ambiental investindo en actuacións de economía circular ou de mellora da biodiversidade, valoraranse os beneficios socioeconómicos para o territorio: fomento do emprego, especialmente para traballadores excedentes da central e mulleres; o apoio a proxectos industriais, agrarios ou sociais locais; a formación para residentes da zona; o desenvolvemento de autoconsumo; os investimentos na cadea de valor principal e a participación de investimentos locais. O prazo para a recepción de solicitudes será de dous meses a partir do día 2 de febreiro.
- Categoría: Noticias
O Concello de Cerceda certificou esta mañá unha serie de obras realizadas no termo municipal e que serviron de mellora e ampliación das conexións inter parroquiais.
Esta mañá o alcalde, Juan Manuel Rodríguez, e o concelleiro de Obras, Francisco Boquete, supervisaron os resultados finais da ampliación da senda na contorna do Museo da Minería; a mellora dun camiño en Trigueira; outro en Aroxeira; a adecuación da pista que une Carballás e Sandiáns; a optimización das beirarrúas na Silva e na rúa Laracha e a creación das beirarrúas que dan aceso á parte traseira do CEIP Celso Emilio Ferreiro da Silva.
En total, licitáranse cun orzamento aproximado de 162.000 euros.
- Categoría: Noticias
O Concello de Cerceda foi designado como centro base de adestramento para o Mundial de Fútbol 2030, un fito que coloca ao municipio no mapa internacional como destino deportivo de primeiro nivel. Durante a cita mundialista, varias seleccións establecerán os seus adestramentos nas instalacións locais, atraendo numerosos afeccionados e medios de comunicación de todo o mundo.
O alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, mostrou a súa satisfacción por este logro e subliñou o traballo realizado para acadalo: “No seu momento, fixemos unha consulta sobre se se podería optar, elaboramos unha memoria técnica e a partir de aí fomos dando todos os pasos pertinentes cos distintos representantes federativos. Quero agradecer especialmente a enorme implicación dende un principio do concelleiro de deportes, Óscar Golán”.
A elección de Cerceda reflicte a calidade das súas instalacións deportivas, que o Concello xa proxecta mellorar de cara ao 2025 con varios investimentos. Estas actuacións permitirán adaptar a oferta futbolística local ás esixencias do deporte actual e garantirán a súa competitividade para o resto da primeira metade do século XXI.
O impacto deste evento transcenderá o propio Mundial, abrindo novas posibilidades para o municipio. O alcalde sinalou que “o feito de ser base de adestramentos para un dos eventos deportivos máis relevantes do mundo, coa cobertura da FIFA, vainos introducir nun novo escenario a nivel de fondos e oportunidades, que van redundar en avances para o fútbol local”.
Cerceda prepárase para asumir este reto co convencemento de que marcará un antes e un despois para o municipio, tanto no ámbito deportivo como no económico e social.
- Categoría: Actualidade
Lugar do Acevedo s/n
15186 Cerceda
Teléfono: 981 685 001
Horario:
- Martes, xoves e sábado de 09:00 a 14:00
- Categoría: Noticias
Recollida o último venres de cada mes (se coincide día festivo, concretar nova data)
IMPORTANTE AVISAR ANTES DE DEPOSITAR O RESIDUO:
Os residuos deben depositarse preto do contenedor do lixo, o día anterior á recollida ou o mesmo día antes das 7:00 horas
PARA SOLICITAR A RECOLLIDA:
Pode chamar por teléfono ao número 981.69.30.72
Ou por Whatsapp ao número 616.167.131 (indicando nome e apelidos, dni e enderezo)
- Categoría: Noticias
Servizo de información por WhatsApp
O Concello da Cerceda ten en funcionamento unha canle de comunicación mediante a aplicación WhatsApp co obxectivo de ofrecer á cidadanía información directa sobre eventos e noticias de interese e de carácter municipal.
PROCEDEMENTO DE ALTA E BAIXA
Para darte de alta e recibir as mensaxes do Concello da Cerceda no teu WhatsApp, segue as seguintes instrucións:
- Agrega ao Concello de Cerceda como contacto. Podes facelo gardando na túa axenda o teléfono 609431078, facendo click nesta ligazónou escaneando este código QR:
https://chat.whatsapp.com/BweS7wBUeteLKJT6J6Vtox
2. Para darte de baixa, envía unha mensaxe co texto BAIXA ao 609431078 ou sal do grupo e deixarás de recibir a información.
NORMAS DE USO
Trátase dun servizo de comunicación unidireccional, polo que as persoas usuarias non poderán enviar mensaxes de resposta nin realizar consultas a través dese número de WhatsApp.
Ao darse de alta no servizo acéptanse as condicións e normas de uso expostas. O incumprimento das normas suporá a baixa automática por parte do administrador.
Para contactar co Concello da Cerceda deben utilizarse os medios habilitados vía web (cerceda.org), teléfono (981685001) ou presencialmente na Casa Consitorial.
INFORMACIÓN DE PROTECCIÓN DE DATOS
Consulte a normativa vixente de Protección de Datos persoais. Informámoslle de que o Responsable de Tratamento e o Concello da Cerceda con NIF: P1504200E e domicilio en Avd. Meson 21, 15185, Cerceda (A Coruña).
A finalidade do tratamento e remitir e informar aos interesados das iniciativas, acontecementos, programacións da axenda municipal e da información que poida ser de interese. A base xurídica de lexitimación para o tratamento dos datos persoais radica no consentimento explícito manifestado ao darse de alta no servizo así como o cumprimento dunha misión de interese público.
Os datos serán conservados mentres a persoa usuaria non solicite a baixa no sistema de comunicacións. Con todo, os datos poderán ser conservados, no seu caso, con fins de arquivo de interese público, fins de investigación científica e histórica ou fins estatísticos. Os datos non serán cedidos ou comunicados a terceiros, salvo nos supostos previstos na Lei. Con todo, os datos poderían ser obxecto de cesión ou comunicación aos operadores de telefonía móbil ou outros servizos técnicos a fin de prestar o soporte necesario para o envío da información. Poderanse realizar transferencias internacionais de datos dado que WhatsApp é unha empresa con sede nos EE.UU.
As persoas usuarias do servizo poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación ou oposición, presentando un escrito no rexistro do Concello de Cerceda ou mediante correo electrónico no enderezo
- Categoría: Noticias



