Espazos para a cultura

Tanto se vives aquí como se te achegas a visitarnos, atoparás en Cerceda unha rede de espazos e equipamentos culturais pensados para que lle saques todo o proveito ao teu tempo de ocio.

REDE MUNICIPAL DE BIBLIOTECAS

BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CERCEDA
Praza da cultura, 1
Teléfono: 981 685 253
Horario: de luns a sábados de 15.00 a 20.00 horas

BIBLIOTECA MUNICIPAL DA SILVA
R/Celso Emilio Ferreiro, s/n
Teléfono: 981 692 588
Horario: martes, xoves e venres de 15.30 a 20.00 horas

AULA DE LECTURA DE MEIRAMA
Lugar da Picota
15185 Cerceda
Horario: luns e mércores de 16.00 a 19.30 horas

Biblioteca municipalUnha das finalidades da acción cultural municipal reside na recuperación de espazos para a lectura e na posta en marcha de iniciativas que incidan na súa promoción e dinamización.
Con este obxectivo, deséñase a rede municipal de bibliotecas que está integrada pola Biblioteca Municipal de Cerceda, a Biblioteca Municipal da Silva e a Aula de Lectura de Meirama.

Estes centros, ademais de cumpriren un servizo público como lugares de préstamo de libros tanto en sala como a domicilio, tamén desenvolven campañas de promoción e dinamización da lectura. As bibliotecas municipais de Cerceda e da Silva tamén dispoñen de equipamentos informáticos a disposición dos/as usuarios/as e están integradas na Rede Galega de Bibliotecas.

OS NOSOS MUSEOS

A rede de museos do Concello de Cerceda está integrada polo Museo do Moucho e o Ecomuseo.

Museo do Moucho

MUSEO DO MOUCHO
Avenida de Galicia, 39
Teléfono: 981 686 215

Museo do MouchoInaugurado o 24 de decembro de 1994, conta na actualidade con máis de 5.000 pezas que inclúen esculturas, cadros de pintores galegos, libros e artigos de xoiería e unha grande vidrieira policromada de José de Esprona, que sitúa un gran moucho na árbore do paraíso.

O museo conta, á súa vez, con instalacións interactivas que permiten ao visitante ver, tocar e escoitar o mundo destas particulares aves.

Para realizar unha visita é preciso concertala previamente no teléfono 981 686215.

Ecomuseo

Estamos ante un museo interactivo que nos permite aproximarnos ás características do medio ambiente do noso concello e coñecer a historia, a evolución da economía e da sociedade de Cerceda no último século.

Para realizar unha visita é preciso concertala previamente no teléfono 981 686 209.

AUDITORIO

AUDITORIO MUNICIPAL
Avenida Fernando González Laxe
Teléfono: 981 686 209

O auditorio municipal de Cerceda, integrado no edificio do Centro Cívico municipal, conta cun aforo de 196 persoas; equipos de son e iluminación; dous camerinos con espello, luz e auga; e vestiarios masculino e feminino.

Neste espazo desenvólvese o programa de teatro anual e diferentes actividades e encontros como a Cabalgata de Reis, a Gala do Deporte, etc...

 


Ver Cerceda nun mapa máis grande

 

Cookies user preferences
We use cookies to ensure you to get the best experience on our website. If you decline the use of cookies, this website may not function as expected.
Accept all
Decline all
Read more
Unknown
Unknown
Accept
Decline
Save