Actualidad

Bando de exposición pública do censo electoral

A partir do luns 30 de setembro e ata o 07 de outubro de 2019 (ambos inclusive) permanecerá en exposición pública o censo electoral, segundo o Bando da Alcaldía-Presidencia de 26 de setembro de 2019. O horario e lugar de consulta será a oficina de Rexistro-Estatística, sita no andar baixo da casa do Concello, de luns a venres (no período sinalado) das 9:00 ás 14:00 horas   Attachments:
BANDO EXPOSICION PUBLICA CENSO ELECTORAL.pdf

O espectáculo Frankenstein de Teatro dos Ghazafelhos o domingo 6 de outubro ás 18h, no Auditorio municipal

Regresa a Cerceda o Teatro dos Ghazafelhos, co seu espectáculo infantil Frankestein, o domingo 06 de outubro ás 18h no Auditorio municipal. E ti... vas a perdelo? Anota a cita...

Frankestein/Auditorio municipal de Cerceda/Domingo, 06 de outubro ás 18h

Espectáculo infantil a cargo de Teatro dos Ghazafelhos Teatro actoral |60 min | +5

SINOPSE

Qué se pode esconder nun escuro castelo perdido nas montañas? Poida que algo que non quere ser descuberto ou, poida que, algo que espera que o descubran. Frankenstein é un clásico da literatura, do cine, do teatro e dos musicais, é una obra que sempre está vixente para unha reposición e máis para público familiar, xa que ás veces, é complicado expoñer a monstruosidade á que pode chegar o ser humano por buscar a perfección. Eso pasoulle a Víctor Frankenstein e pásalles ás persoas que non se aceptan a si mesmas. E eso é do que trata Frankenstein de Teatro dos Ghazafelhos: da auto estima do ser humano. Unha aventura nas entrañas dun castelo onde os investigadores, a Dra. Mon Champignom e o Dr. Pe Arrepío investigan si o lexendario monstro de Frankenstein existe ou non.

 

As personaxes

A Dra. Mon Champignom, é unha especialista en ciencias naturais. Intelixente, decidida, e fría. Investiga á antiga usanza; diseccionando todo o que teña patas. O Dr. Pe Arrepío, compañeiro inseparable da Dra. Champignom é especialista en ciencias paranormais. Moi soñador, covarde, e sincero. Gustaríalle atopar respostas a tódolos soños da humanidade. Igor, o chepudo. É unha personaxe desconcertante, non se sabe se ven ou vai. Dentro da súa estraña amabilidade agacha un enorme segredo. Víctor Frankenstein. Esta é unha personaxe que parece estar ao marxe da historia. De feito é a que presenta a historia e non aparece nela. É unha personaxe torturada por dúas cousas: a perda do seu gato Emperador III e a súa incesante loita coas ratas… As ratas. Están por todas partes. No Castelo, no patio de butacas, entre a música e nos cadros…Son a alma da historia……………………………………………… Coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña 2019

LISTAXE DEFINITIVA DE AXUDAS DE MATERIAL E VESTIARIO BÁSICO

LISTAXE DEFINITIVA DE AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR E VESTIARIO BÁSICO. CONVOCATORIA 2019/2020.      
DNI CONCEDIDO
47359761R 233,92 €
32819776H 233,92 €
53169578L 233,92 €
53169578L 233,92 €
47374269L 233,92 €
53300297M 116,96 €
47361156G 116,96 €
79317729K 233,92 €
79317729K 233,92 €
32834273W 116,96 €
32834273W 116,96 €
44825694M 233,92 €
44825694M 233,92 €
46909354A 116,96 €
47437240Q 233,92 €
47372840Q 233,92 €
47358601Z 233,92 €
47358601Z 233,92 €
32284556Z 116,96 €
32284556Z 116,96 €
32284556Z 116,96 €
46909222D 116,96 €
4690922 2D 116,96 €
32834873G 116,96 €
32834873G 116,96 €
47365851L 233,92 €
47365851L 233,92 €
47365851L 233,92 €
79338219H 116,96 €
32834175L 233,92 €
32835271B 233,92 €
32835271B 233,92 €
47382789Y 233,92 €
32830829P 233,92 €
32830829P 233,92 €
32840679Z 233,92 €
32840679Z 233,92 €
46913121K 116,96 €
47359158L 233,92 €
32793894B 233,92 €
32843222G 116,96 €
54157574A 233,92 €
32820679R 233,92 €
47380593H 233,92 €
47380593H 233,92 €
47380593H 233,92 €
47350082M 233,92 €
47350082M 233,92 €
47350082M 233,92 €
79338050X 233,92 €
79338050X 233,92 €
47361202Q 233,92 €
46912786P 116,96 €
46912786P 116,96 €
79337301C 116,96 €
32834733W 116,96 €
45845400Y 233,92 €
45845400Y 233,92 €
47351694F 233,92 €
53303458S 233,92 €
53303458S 233,92 €
32800624W 233,92 €
32800624W 233,92 €
32800624W 233,92 €
32795108Y 116,96 €
53309071Q 233,92 €
53309071Q 233,92 €
Y3457404N 233,92 €
Y3457404N 233,92 €
473710162Y 233,92 €
47370162Y 233,92 €
53169085P 233,92 €
44817496H 116,96 €
44817496H 116,96 €
47380869H 233,92 €
78801362G 116,96 €
Y2087367Q 116,96 €
32837472G 116,96 €
47356219R 233,92 €
47356219R 233,92 €
32804776Z 233,92 €
32804776Z 233,92 €
32835485H 116,96 €
79338047F 233,92 €
79338047F 233,92 €
47370305B 233,92 €
47370305B 233,92 €
49915106T 116,96 €
47356631E 233,92 €
47356631E 233,92 €
79320765K 233,92 €
54941414A 233,92 €
47358958A 116,96 €
32840474Q 233,92 €
47353470N 116,96 €
40024413R 233,92 €
40024413R 233,92 €
33856456L 233,92 €
44825488Y 116,96 €
44825488Y 116,96 €
32837230S 233,92 €
   
. Denegarlle a axuda económica ás seguintes persoas por non cumprir coas requisitos económicos recollidos no artigo 6.1.a) e 6.1.b:
            DNI MOTIVO
49685942P Non cumpre cos requisitos económicos
32793642N Non cumpre cos requisitos económicos
32793642N Non cumpre cos requisitos económicos
79324961P Non cumpre cos requisitos económicos
79324961P Non cumpre cos requisitos económicos
47365423K Non cumpre cos requisitos económicos
47356423K Non cumpre cos requisitos económicos
79333185K Non cumpre cos requisitos económicos
79333185K Non cumpre cos requisitos económicos
46917954R Non cumpre cos requisitos económicos
47389037K Non cumpre cos requisitos económicos
53169993L Non cumpre cos requisitos económicos
53169993L Non cumpre cos requisitos económicos
46901449X Non cumpre cos requisitos económicos
46901449X Non cumpre cos requisitos económicos
32802531T Non cumpre cos requisitos económicos
78801912W Non cumpre cos requisitos económicos
79341159Z Non cumpre cos requisitos económicos
79341159Z Non cumpre cos requisitos económicos
32845991J Non cumpre cos requisitos económicos
46899004A Non cumpre cos requisitos económicos
  1. - Informar ás persoas interesadas que de acordo co artigo 13.1. das bases da convocatoria disporán do prazo do 1 ao 18 outubro para presentar no Rexistro Xeral do Concello de Cerceda a documentación xustificativa.
  1. De acordo co artigo 13.2 das bases da convocatoria, no caso de non presentar a xustificación dentro do prazo establecido, entenderase que desiste da súa petición, polo que perderá o dereito a cobrala .
 

Xabier Díaz & As Adufeiras de Salitre, sábado 21 de setembro no Campo da Feira de Cerceda

Chega a Cerceda Xabier Díaz & As Adufeiras de Salitre este sábado, 21 de setembro ás 20h no Campo da feira, co seu espectáculo musical NORÓ. Coa colaboración da Rede Cultural da Deputación 2019 Dos primeiros sopros de Xabier nunha gaita de fol nos albores dos 80 ata Coplas Para Icía (2007) pasaron case 30 anos. A súa curiosidade facilitou a chegada de experiencias que se sucederon tendo sempre a música pop(ular) no horizonte: Xacarandaina, Rumbadeira, os primeiros traballos de campo, unha incesante actividade docente, asociacións, concursos, certames, etc. Logo chegou a Nova Galega de Danza coa que participou nos espectáculos Alento, Engado e Tradicción entre os anos 2005 e 2009.
Berrogüetto chamou á porta de Xabier a inicios de 2008 e a viaxe durou até 2014, ano no que se anunciaba a disolución da banda. Durante este tempo editaron os discos Kosmogonías (2010) e O pulso da terra (2011). Alén diso, obtiveron o Premio de la Academia de la Música á mellor canción en galego (2011) e o de mellor grupo de música folk na primeira edición dos Premios Galegos da Música Martín Códax (2013), así como o galardón á mellor banda sonora nos Premios Mestre Mateo (2014) coa película Inevitable. Grandes parceiros e amigos seus foron Guadi Galego, Guillermo Fernández e Xosé Lois Romero, cos que participou no proxecto aCadaCanto e cos que editou aCadaCanto (2012) e A Rosa D`Adina (2014). Ao longo dos anos, realizou un feixe de colaboracións en discos e concertos de diferentes artistas: Carmen París, Xosé Manuel Budiño, Kepa Junquera, Guadi Galego e Os Cempés, entre outros/as. Así mesmo, emprendeu numerosas viaxes para levar a música a México, Cimbabue, Alemaña, Uruguai, Italia, Perú, Dinamarca, Francia, Suíza, Arxentina, Noruega, Bélxica, Cuba, Escocia, Irlanda, etc. No ano 2015 editou The tambourine man xunto ás Adufeiras de Salitre, galardoado como o mellor disco galego nos Premios de la Música Independiente (2016) e o mellor álbum na categoría de música tradicional dos Premios Martín Códax da Música Galega (2016). Con el tamén obtivo o premio á mellor canción en galego da primeira edición dos premios aRitmar. Alén diso, The tambourine man, permitiulle manterse no top ten da World Music Charts Europe nos meses de febreiro e marzo de 2016. Dende a presentación de The Tambourine Man e con máis de 70 concertos ás costas en a penas dous anos, visitou Alxer, Oslo, Lorient, Le Chatre, Glasgow, Lisboa, Madrid ou Bruxelas. Agora chega Noró (Algunhas músicas do norte) Músicas de Salitre 2018 ©, un novo traballo compartido coas Adufeiras de Salitre que pon acento nas músicas que habitan o noroeste peninsular.

A comedia teatral Estás aí? de Redrum no Auditorio municipal, este domingo 22 de setembro

Iniciamos temporada teatral co espectáculo ESTÁS AÍ? de Redrum Producións. Anotade a cita, este domingo 22 de setembro, ás 19h no Auditorio municipal de Cerceda.

ESTÁS AÍ?

Redrum Producións

Auditorio Municipal de Cerceda.

Domingo, 22 de setembro. Ás 19h

​ Unha parella acaba de mudarse coa idea de comezar a vivir xuntos. O apartamento é pequeno e incómodo, reina o caos, as caixas de mudanza abarrotan o lugar, hai problemas coa calefacción e cos  veciños do andar de abaixo. Pero isto é nada comparado co que atopan no que eles supoñen o seu novo fogar: a vivenda conta coa  presenza dun home invisible. Aínda por riba, este, algo intratable polo seu carácter, non acepta de moi boa maneira a chegada da nova parella.

Calificacións finais da bolsa de emprego de operario/a do servizo de medio ambiente en réxime laboral temporal do Concello de Cerceda

Publícase a acta final do tribunal calificador, con data 18 de setembro de 2019, do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de emprego de operaria/o do servizo de medio ambiente en réxime laboral temporal. Attachments:
acta final bolsa medio ambiente setembro 2019.pdf

Publicación do Bando de exposición pública dos padróns fiscais 2019

A través do Bando da Alcaldía-Presidencia, de 17 de setembro, ábrase o período de exposición pública dos seguintes padróns fiscais do exercizo 2019: * Imposto sobre Bens Inmobles Urbanos * Imposto sobre Bens Inmobles Rústicos * Imposto sobre Bens Inmobles de Características Especiais * Imposto sobre Actividade Económica O prazo de exposición pública: dende o día 18 de setembro de 2019 ao 02 de outubro de 2019 Attachments:
BANDO.pdf

Programación das actividades de formación da Aula CeMit de Cerceda

A Aula CeMit de Cerceda presenta a súa programación de actividades para o último trimestre de ano 2019. Consulta a programación e non esquezas facer a túa solicitude, a partir do luns 23 de setembro no Centro Cívico. No de mes de Outubro comezamos os novos cursos para adultos de informática e móbiles. As inscricións poderán facerse dende o martes 24 de 9 a 14 ata esgotar as prazas na oficina da planta baixa do Centro Cívico. Máis información no 981686209 ou a través de whatsapp no 644529990 Facebook Aula CeMIT Cerceda

" PROGRAMA CUIDADANAS"

Talleres para persoas que son ou foron coidadoras de persoas dependentes. Desde o departamento de Benestar Social do Concello de Cerceda, en colaboración con Fundación Mujeres, no Marco do Programa Cuidadanas, organizase unha serie de talleres co fin de mellorar a calidade de vida das persoas coidadoras. Mediante as actividades grupais nas que participan, refórzanse as relación sociais a través da interacción con mulleres que están ou estiveron na mesma situación. A formación en materia de autocoidado, xestión emocional, habilidades de comunicación, autoestima, pretende que as mulleres poidan exercer os labores de coidado dunha maneira máis saudable, mellorar a súa calidade de vida e que se minimicen os riscos de saúde que corren na actualidade, asociados a malas prácticas e hábitos prexudiciais en relación ás tarefas que desenvolven como coidadoras. Desta forma fomentamos o seu empoderamento persoal durante toda a intervención. A charla – difusión destes talleres, realizarase o martes 17 de setembro, ás 17.00hs, na biblioteca municipal de Cerceda. A formación comezaría o martes 1 de outubro as 10:30h na Biblioteca Municipal. As prazas son limitadas.
En calquera caso, para apuntarse só hai que chamar ao teléfono de Servizos Sociais, 981 68 60 68. A data límite para as inscricións é o 25 de setembro.

VIAXE A PADRÓN, DOMINGO 20 DE OUTUBRO DE 2019

O Departamento de Benestar Social, organiza para o domingo día 20 de outubro, unha viaxe a Padrón. A mañá discorrerá pola vila de Padrón, e despois do xantar, á tarde desfrutarase cun baile de sobremesa.Sairemos de volta para Cerceda, ás 19.00hs. O prazo para anotarse empeza o venres 20 de setembro. Para reservar praza poden acudir ao 3ª andar do edificio municipal, no Departamento de Benestar Social. Ou ben chamando ao 981 68 60 68. O custe por persoa é de 22 €.

Subcategorías

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares. Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.

Acepto as cookies para este sitio.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk