Servicios sociales

RESOLUCIÓN DAS AXUDAS MUNICIPAIS PARA A ESCOLARIZACIÓN

Rematados os prazos de presentación das solicitudes e de subsanación da documentación requirida e valoradas todas as solicitudes de acordo coas bases publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña número 130 do 14 de agosto de 2020, aprobouse a listaxe coa relación das axudas concedidas e as denegadas.   Informar ás persoas interesadas que de acordo co punto 9 das bases da convocatoria disporán de prazo dende o día 1 ata o día 16 de novembro para presentar no Rexistro Xeral do Concello a documentación xustificativa segundo o establecido no punto 10 das bases.   Mais informacion no Departamento de Servizos Sociais no telefono 981 686 068 Attachments:
LISTAXE CONCEDIDAS-DENEGADAS.pdf

SUSPENSIÓN DO PRAZO DE SOLICITUDE DAS AXUDAS MUNICIPAIS PARA TRANSPORTE ESCOLAR. CURSO 2020-2021

Con data 19/10/2020 publicaronse as bases das axudas municipais para transporte escolar no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP) número 174 comezando así, o prazo de presentación das solicitudes sendo de 15 días hábiles a contar a partir do día seguinte á publicación. Unha vez publicadas as bases detectaronse erros en varios puntos das mesmas motivo polo cal, con data 25/10/2020 a Concelleira de Benestar Social, Educación e Igualdade aprobou por decreto a suspensión do prazo de presentación das solicitudes que está vixente. O Departamento de Servizos Sociais procederá á elaboración dunhas novas bases que serán aprobadas polo órgano competente para a súa posterior publicación no BOP. Así mesmo, informar ás persoas interesadas que as solicitudes que xa foron presentadas no prazo actual teranse en conta e serán valoradas para a súa resolución.   Máis información no Departamento de Servizos Sociais no teléfono 981 686 068

AXUDAS MUNICIPAIS PARA A ESCOLARIZACIÓN. CURSO 2020-2021

Rematado o prazo de presentación das solicitudes para as axudas dirixidas ás familias para á escolarización para o curso 2020/2021, e unha vez comprobada a documentación que acompaña a cada unha delas, a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Comunicación aprobou por Decreto de data 13/10/2020 a listaxe das solicitudes completas e as pendentes de emendar documentación. Informar ás persoas interesadas que de acordo co punto 7 das bases da convocatoria disporán dun prazo de 10 días hábiles para presentar alegacións e/ou emendar a documentación requirida. No caso en que as persoas interesadas non presenten, no Rexistro Xeral do Concello, a documentación para subsanar no prazo establecido, quedarán denegadas. Prazo de subsanación: do 14 ao 27 de outubro de 2020 (ambos incluidos)    Mais información no Departamento de Servizos Sociais no teléfono 981 686 068 Attachments:
LISTAXE COMPLETAS E INCOMPLETAS 2020-2021.pdf

BOS DÍAS COLE - CURSO ACADÉMICO 2020/2021

Dende o Departamento de Benestar Social, Igualdade e Comunicación, informase as persoas solicitantes,de que o programa de Bos dias Cole 2020/2021, dará comezo ao inicio do curso escolar, no CPI " O Cruce". A prestación do servizo, esta suxeita a que poida realizarse sempre e cando o permita a situación epidemiolóxica COVI-19. No caso de precisar praza ao longo do curso escolar, poden informarse no terceiro andar do edificio municipal, no departamento de servizos sociais. Ou ben chamando ao 981 68 60 68.

TALLERES DE AUTOESTIMA E ESCOITA ACTIVA PARA PERSOAS COIDADORAS

Dende o Departamento de Benestar Social, ábrese o prazo para anotarse nos talleres para persoas coidadoras, que se realizan en colaboración con Fundación Mujeres. As sesións levaranse acabo no mes de outubro, repartida a temática entre a autoestima e a escoita activa. O prazo está aberto ata o 18 de setembro, as prazas son limitadas. Para anotarse ou solicitar mais información poden chamar ao 981 68 60 68.  

Publicación da listaxe provisional do alumnado admitido na EIM para o curso 2020-2021

Rematado o prazo de presentación de solicitudes de ingreso na Escola Infantil Municipal “Os Pillabáns” e unha vez valoradas todas, a concelleira de benestar social, igualdade e participación cidadá, Catrina Queijo García, aprobou a relación provisional do alumnado admitido por unidade de atención. Informar ás persoas solicitantes que de acordo co artigo 19 do Regulamento da Escola Infantil Municipal, poderán efectuar as reclamacións que consideren oportunas no prazo de 10 días naturais que contarán a partir da data de exposición pública da listaxe no taboleiro de anuncios municipal. Para máis información no Departamento de servizos sociais ou no teléfono 981 68 60 68 Attachments:
LISTAXE PROVISIONAL CURSO 2020-2021.pdf

"BOS DÍAS COLE" CURSO 2020 - 2021

Dende o departamento de Servizos Sociais, Igualdade e Participación cidadá, ábrese o prazo para solicitar a participación no servizo "Bos Días Cole", para o vindeiro curso 2020/2021. O prazo de solicitude é do 1 ao 15 de xullo. Para mais información pódese chamar ao 981 68 60 68. As solicitudes están dispoñibles como adxunto nesta publicación, ou ben no departamento de servizos sociais situado no 3º andar do edificio municipal.   Attachments:
AUTORIZACIÓN DA RECOLLLIDA 2020 21.pdf
SERVIZO BOS DÍAS COLE 2020-2021.pdf
SOLICITUDE NORMALIZADA PROGRAMA BOS DÍAS COLE 2020 - 2021.pdf

SERVIZO DE APOIO INTEGRAL A MULLERES COIDADORAS

Dende o Departamento de Benestar Social en coordinación con Fundación Mujeres, organízanse unha serie de talleres on line destinado a mulleres coidadoras. Os talleres divídense en 3 sesións on line. É preciso inscribirse previamente antes do día 19 de xuño. Para mais información poden chamar ao telf . 981 68 60 68.  

APLÁZASE A VIAXE A LALÍN DO SÁBADO 14 DE MARZO DE 2020

Desde o Departamento de Benestar Social do Concello de Cerceda, ábrese o mércores 19 de febreiro o prazo para anotarse a Viaxe a Lalín, que terá lugar o sábado 14 de marzo. O Programa da viaxe será o seguinte: 09.00 HS- SAÍDA DE DIANTE DO MUSEO DO MOUCHO CHEGADA AO CONCELLO DE LALÍN: -       Visita ao Pazo de Liñares e ao Museo Galego da Marioneta -       Visita libre polo pobo de Lalín 14.00 HS- XANTAR NA " CASA DO PATRÓN"             - SOPA             - COCIDO             - POSTRE             CAFÉ, REFRESCOS, AUGA E VIÑO 16.00 HS - FOLIADA E VISITA AO MUSEO " A CASA DO PATRÓN" 19.00 HS - SAÍDA PARA CERCEDA * O programa pode sufrir variacións pola organización, antes ou durante a viaxe. Para anotarse poden acudir ao 3º andar do edificio municipal, no Departamento de Servizos Sociais, ou ben poden chamar ao 981 68 60 68. O prezo por persoa é de 22€.

Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos

 

Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos

  Persoas beneficiarias:
  • Persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos nados entre o 1.1.2017 e o 31.12.2017, ambos os dous días incluídos, e que, durante o ano 2018, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas a iso.
  • Serán igualmente beneficiarias polas fillas ou fillos adoptados ou acollidos mediante resolución, xudicial ou administrativa, ditada entre o 1 de xaneiro de 2017 e o 31 de decembro de 2017.
  • Nos supostos de que exista unha resolución xudicial que atribúa a custodia exclusiva a unha das persoas proxenitoras, a persoa beneficiaria será aquela que teña a custodia das fillas ou fillos, de acordo co establecido na dita resolución.

Requisitos

  • Que as persoas proxenitoras teñan a súa residencia habitual en Galicia. No caso de que non quede acreditada a dita circunstancia pola presentación do xustificante de empadroamento, poderáselles requirir para que presenten documentación complementaria que o demostre.
  • Que na data da solicitude os nenos ou as nenas convivan coa persoa solicitante.
Os requisitos para ter dereito a esta prestación deberán reunirse o último día do prazo de presentación de solicitudes.

Contía da axuda

A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos sen que a mesma filla ou fillo poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria. A contía será a seguinte:
  • Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.
  • Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.
  • Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.

Documentación

  1. Copia do Libro de Familia ou certificación literal de nacemento do Rexistro Civil de cada unha das fillas ou fillos da persoa solicitante, para os efectos de acreditar a data de nacemento e o número de orde que ocupa a filla ou fillo na descendencia da persoa solicitante.
  2. Certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar (a antigüidade máxima do mesmo será de 6 meses).
  3. No caso de nulidade, separación ou divorcio copia da sentenza ou da resolución xudicial que estableza as medidas paterno-filiais dos fillos e fillas comúns, acompañada, de ser o caso, do convenio regulador.
  4. Copia da resolución xudicial ou administrativa que declare a adopción ou acollemento, no suposto de que a súa formalización se realizase noutra comunidade autónoma, de ser o caso.
  5. Anexo II cuberto e asinado pola persoa proxenitora que non figure como solicitante e que forme parte da unidade familiar. De non achegar este documento, deberá xustificarse presentando a documentación que figura na letras c) deste artigo ou certificado de monoparentalidade expedido pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Prazo de presentación:

35 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Comezará o 21 de xaneiro e rematará o 9 de marzo de 2020 (ambos os dous incluidos)

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares. Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.

Acepto as cookies para este sitio.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk