Anota a cita que este venres, 22 de febreiro ás 17h30, tocan Merendas e Contos na Biblioteca municipal da Silva. Non esquezas facer a túa inscrición nas Oficinas xerais ou no teléfono 981685001
BIBLIOTECA MUNICIPAL DA SILVA/ MERENDAS E CONTOS
VENRES, 22 DE FEBREIRO ÁS 17H30
INSCRICIÓNS NO TELÉFONO 981685001 OU NAS OFICINAS XERAIS
Os Bolechas están a mirar o ceo, que está cheo de estrelas, e pregúntanse se haberá extraterrestres noutras galaxias… Pronto descubrirán que os hai e que están moito máis preto do que cren: ao seu carón! Un extraterrestre chega á Terra disposto a invadila, xa que os terrícolas non a coidamos nin gozamos dela como deberiamos: contaminámola, pelexamos… Así que os Bolechas, coa axuda do público, deberán demostrarlle ao extraterrestre que somos quen de coidar o noso planeta e vivir en harmonía sen axuda “exterior”. Conseguirémolo?...
Pois ímolo comprobar en Cerceda, este domingo, 10 de febreiro ás 17h30, no Auditorio municipal.DESPEGAMOS Unha actividade de Dinamización Lingüística do Programa FalaRedes, promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
O Concello de Cerceda vén de presentar a programación de visitas s nosos museos. Aquí tes toda a información desta proposta cultural.
En Cerceda posuímos catro museos. Cada un deles con unha temática relacionada con Cerceda, onde se poden aprender curiosidades do municipio e outras de carácter xeral.
As visitas son guiadas e de balde. Se estás interesada ou interesado en pasar unha xornada de divertimento e aprendizaxe, podes poñerte en contacto:
-682 34 85 56 ou 981 68 50 01
Arrancas as Merendas e contos na Biblioteca de Cerceda co espectáculo Familias diversas de Trinke Trinke, este venres 18 de xaneiro. Así que... non esquezas facer a túa inscrición nas Oficinas xerais do Concello ou no teléfono 981685001.
BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CERCEDA
VENRES, 18 DE XANEIRO ÁS 17H30
Inscricións: nas oficinas xerais ou no teléfono 981685001
Neste mes de novembro voltan as nosas cociñas @s rapaces e rapazas, de Cerceda, con idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos (nacidos entre o 2006 e o 2013). Xa podes facer a túa inscrición nas Oficinas xerais do concello.
INSCRICIÓNS AO OBRADOIRO COAS MANS NA MASA_NOVEMBRO 2018
Datas: martes 6, 13, 20 e 27 de novembro
Horario: das 17 ás 18h30
Inscricións: a partir do martes, 30 de outubro.
Xunto coa solicitude é preciso entregar o xustificante bancario de pagamento da actividade.
Datos para facer o ingreso bancario
Inscrición ao curso de cociña "Coas mans na masa"_novembro 2018
Concepto: Inscrición de (nome e apelidos do/a menor) no Curso de Cociña "Coas mans na masa_novembro 2018
Dentro da programación de actividades de dinamización das Bibliotecas municipais, organízase para o próximo venres 19 de outubro un obradoiro creativo no Deseño de bolsas e mochilas para lectores/as. É preciso facer a inscrición, ben nas Oficinas xerais ou no teléfono 981685001. A actividade está dirixida ás nenas e nenos con idades comprendidas entre os 6 e os 10 anos. Apresúrate a facer a túa inscrición.
INSCRICIÓNS PARA OBRADOIRO CREATIVO DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CERCEDA --- DO VENRES, 19 DE OUTUBRO, ÁS 17H
NAS OFICINAS XERAIS OU NO TELÉFONO 981685001
UNHA ACTIVIDADE DOS 6 AOS 10 ANOS DE IDADE
Unha actividade incluída na programación Ler conta moito da SX. de Cultura
Comeza outubro e con él a temporada de escena no Auditorio municipal de Cerceda, co espectáculo O caso é ter saúde da Compañía Malasombra. Anota a cita, domingo 7 ás 19h no auditorio.
“O caso é ter saúde ” é unha comedia de principio a fin, polo que a súa principal pretensión é que o espectador oscile entre o sorriso e a gargallada durante a duración do espectáculo, que está cheo de personaxes divertidos metidos en situacións imprevisibles.
Dende o humor, “O caso é ter saúde” fala da condición humana, da súa ambición polos cartos, e de todo o que a xente é capaz de facer con tal de conseguir o ansiado diñeiro.
Eiche cantar en Cerceda con Rosa Cedrón, Paco Lodeiro e Miguel Ladrón de Guevara, traerán da man da Banda Municipal de Música de Betanzos unha homenaxe ás nosas músicas e cancións de toda unha vida. Apunta a cita: Venres 28 de setembro, no Auditorio municipal de Cerceda, ás 21h
Roi Casal presenta en Cerceda a súa Xira de 10 anos nos escenarios. O artista consolida a súa carreira musical e teremos a ocasión de aproximarnos a ela o venres 14 de setembro no Auditorio municipal de Cerceda, ás 21h.
¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.
Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.