Noticias

Axudas a través de incentivos a contratación temporal por conta allea do alumnado do Obradoiro de Emprego Cerceda- Tordoia-Trazo III

O Concello de Cerceda convoca as axudas a través de incentivos á contratación temporal por conta allea para facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas participantes no Obradoiro de Emprego Cerceda- Tordoia- Trazo III.

Aquelas empresas ou autónomos con centros de traballo nos concellos de Cerceda Tordoia ou Trazo, que teñan interese en contatar un traballador ou traballadora das especialidades de “Montaxe e reparación de sistema microinformáticos” (IFCT0309) ou “Actividades auxiliares en mellora e conservación de montes” (AGAR0309), poderán beneficiarse desta axuda de 1.500 euros, sempre que o contrato sexa por un mínimo de tres meses.

Subvenciónanse tres contratacións, e o prazo de presentación de solicitudes vai dende o 27/06/2022 ata o 08/07/ 2022.

 

Ver ou descargar Bases BOP

Ver ou descargar solicitude (pdf)

Ver ou descargar xustificación (pdf)

Cookies user preferences
We use cookies to ensure you to get the best experience on our website. If you decline the use of cookies, this website may not function as expected.
Accept all
Decline all
Read more
Unknown
Unknown
Accept
Decline
Save