Noticias

Axudas municipais ao alumnado para adquisición de material informático.

Dende o 26/08/2021, ata o 14/09/2021,  está aberto o prazo para solicitar as axudas municipais ao alumnado para adquisición de material informático.

O obxecto das presentes bases é regular as normas polas que se rexerá a convocatoria extraordinaria que efectúa o Concello de Cerceda para a concesión de axudas económicas dirixidas as unidades familiares para a adquisición de equipamentos informáticos, coa finalidade de incrementar o número de fogares con recursos tecnolóxicos axeitados ante a necesidade, cada vez maior, para poder levar a cabo nos casos necesarios unha educación semi presencial ou a distancia.

A axuda vai dirixida ao alumnado residente no concello de Cerceda e que estea matriculado nun centro de ensino e que curse: educación primaria, secundaria, bacharelato, formación profesional de grao medio ou superior ou estudos universitarios.Esta convocatoria réxese pola Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Cerceda (BOP núm. 120, de 26 de xuño)

2. GASTOS SUBVENCIONABLES
1. Subvencionaranse os gastos derivados da compra de:

a) ordenador de mesa e pantalla

b) ordenadores portátiles

c) gastos destinados a asegurar a conectividade mínima aos recursos dixitais: enrutador, amplificador de sinal, cámara web, altofalantes, auriculares e rato.

d) Impresoras, teclados ou pantallas.

2. Non é obxecto de financiación desta convocatoria os gastos derivados da compra de tabletas, libros electrónicos e/ou teléfonos intelixentes.

Para mais información poden contactar co Departamento de servizos sociais, no telf.: 981 68 60 68, ou ben consultar as bases reguladoras no seguinte enlace:

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2021/08/25/2021_0000006421.pdf

 

Descargar solicitude