Noticias

O Concello de Cerceda organiza unha excursión ao Grove o 26 de setembro

O Concello de Cerceda organiza unha excursión ao Grove o sábado 26 de setembro. A saída será ás 9:15 de Cerceda, e incluirá unha visita ao Pazo Quinteiro da Cruz, unha mariscada en barco e unha parada en Sanxenxo na viaxe de regreso.

As inscricións estarán abertas dende as 9:00 horas do luns 10 de agosto ata as 14:00 horas do venres 14 de agosto. Poderanse presentar tanto nun formulario na páxina web municipal como de xeito presencial no Concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

As prazas son limitadas e a viaxe ten un prezo de 40 euros por persoa.

 

>>> Formulario de inscrición

 

 

Cookies user preferences
We use cookies to ensure you to get the best experience on our website. If you decline the use of cookies, this website may not function as expected.
Accept all
Decline all
Read more
Unknown
Unknown
Accept
Decline
Save