Noticias

O Concello pon en marcha traballos de limpeza de cunetas na Baixa de Cerceda e melloras de saneamento en Piñeiro

O Concello de Cerceda porá en marcha nas vindeiras semanas os traballos de limpeza de cunetas na contorna da Baixa e as melloras de saneamento en Piñeiro, que contarán cun orzamento de máis de 35.000 euros e preténdese con estas facer un mellor tratamento das augas pluviais e ampliar a rede do servizo de saneamento neste núcleo de poboación. 

Respecto á primeira, a intención do goberno municipal é realizar unha mellora integral nas cunetas coa súa limpeza nas principais entradas da Baixa de Cerceda, tanto na estrada que parte do cemiterio da igrexa de Cerceda como a do Esperón, confluíndo na Ponte Cristina e na zona do Carballal. Proxéctase a habilitación das zonas máis afectadas mediante formigón para dar solución ao tema das augas pluviais nas zonas máis afectadas e que suporá, en todo caso, unha mellora estrutural na zona

En segundo termo, proxéctase ampliar a rede de saneamento en Piñeiro mediante 640 metros de tubaxes de PVC e 12 pozos de rexistro en calzada, previa escavación de zanxa e demolicións de pavimento. Reporase este en zahorra, formigón e aglomerado. 

O alcalde, Juan Manuel Rodríguez, sinala que “buscamos adiantar a solución a un problema estacionario como son as augas de escorrentía, que poden provocar situacións indesexadas na rede de estradas municipal, que agardemos queden solucionadas con estas intervencións nos puntos de entrada á Baixa de Cerceda”.

Cookies user preferences
We use cookies to ensure you to get the best experience on our website. If you decline the use of cookies, this website may not function as expected.
Accept all
Decline all
Read more
Unknown
Unknown
Accept
Decline
Save