Noticias

O Concello reafirma a súa aposta pola creación de novos servizos e o aumento de infraestruturas públicas

O Concello de Cerceda reafirma a súa aposta pola creación de novos servizos e o aumento de infraestruturas públicas ao longo e ancho do seu territorio. 

O alcalde, Juan Manuel Rodríguez; e os concelleiros e concelleira Ángel Gestal, María del Carmen Rodríguez e Francisco Boquete visitaron hoxe varias das intervencións en marcha, e tamén a piques de rematar, no concello.

Trátase da creación da nova senda peonil Cerceda-Meirama, á que tan só lle queda por instalar unha baranda metálica e as novas luminarias; a execución da prolongación da senda peonil da Lousa; o camiño en rego asfáltico no Vilar; a creación dunha nova rede de pluviais e un muro de contención no Atrio e as novas beirarrúas na Silva, onde se actuou en 259 metros cadrados de extensión. 

En tanto en canto á primeira, executouse así un tramo de 300 metros de senda peonil con 15 centímetros de formigón coloreado de 2 metros de ancho. Previamente realizáronse tarefas de demolición  da cuneta existente e apertura de zanxas para realizar a instalación de tubaxes e arquetas de sumidoiros para a recollida de pluviais.

Trátase dunha aposta que se une á creación das xa existentes, como poden ser a de Gosende, A Silva-Tablilla ou de San Vicenzo. Tamén están proxectadas a do Roxo ou a de Ribasoutas a Xermar, “e todas elas cun claro obxectivo: fomentar a mobilidade non motorizada e promover os hábitos de vida saudables”, sinala o alcalde, Juan Manuel Rodríguez.

Na Lousa, amplíase a infraestrutura presente nalgo máis de 100 metros, e que presenta un ancho de practicamente dous metros e medio. No Vilar, mellorouse este camiño que da acceso a varias vivendas tras unha demanda veciñal. 

Por outra banda, no Atrio, executouse unha nova rede de pluviais, a creación dun muro de contención e novas beirarrúas que dotarán a este lugar de Cerceda dun servizo co que non contaba ata o dagora. 

No restante, as beirarrúas na Silva, trátase dunha execución, como decíamos con anterioridade, en 259 metros cadrados de novas beirarrúas para incrementar a seguridade peonil.

“Sempre queda por facer, por iso seguiremos traballando con firmeza e determinación, de aí que nos últimos días xa se iniciaran á parte novas actuacións ao longo do territorio”, asume o rexedor cercedense.

 “Nos últimos días, desde o Concello iniciamos a mellora do acceso ao Piñeiro, o camiño en Carracedo e a cuneta transitable en Sucadío. Todos eles son traballos acometidos coa achega económica da Deputación Provincial da Coruña”, finaliza Rodríguez.

Cookies user preferences
We use cookies to ensure you to get the best experience on our website. If you decline the use of cookies, this website may not function as expected.
Accept all
Decline all
Read more
Unknown
Unknown
Accept
Decline
Save