Noticias

O Concello recibe nun acto institucional o actual campión da Copa do Rei de baloncesto, o cercedense Jonathan Barreiro

O Concello de Cerceda recibiu esta mañá cun acto institucional a Jonathan Barreiro, deportista cercedense actualmente nas filas do Unicaja de Málaga e que se proclamou a pasada semana campión da Copa do Rei de baloncesto, tras derrotar na final ao Lenovo Tenerife. 

Tivo lugar esta mañá, venres 24 de febreiro, no Salón de Plenos do Consistorio e acudiron o alcalde, Juan Manuel Rodríguez, e o resto de concelleiros e concelleiras do goberno e parte dos integrantes da Corporación municipal. 

Barreiro, de 26 anos, amosouse “moi agradecido por este recoñecemento” e confesa estar “feliz non só polo título, senón pola oportunidade de ganar unha competición no máis alto nivel do básquet nacional e que isto sirva para ser espello á mocidade. Con traballo, esforzo e máis traballo, hai posibilidades de chegar ao máis alto”, sentenciaba o profesional da canastra.

O alcalde, Juan Manuel Rodríguez, destacou que “é un cercedense que xoga na segunda mellor liga de baloncesto do Mundo, compite na Euroliga e todos admiramos o seu éxito, que estácomposto or un talento innegable, pero tamén polo que máis admiramos: a súa capacidade de traballo, que coa súa resiliencia e a súa humildade leva o nome de Cerceda polo Mundo adiante”, resaltou.

Cookies user preferences
We use cookies to ensure you to get the best experience on our website. If you decline the use of cookies, this website may not function as expected.
Accept all
Decline all
Read more
Unknown
Unknown
Accept
Decline
Save