Noticias

O Concello rematará a vindeira semana a execución da senda peonil que une os núcleos de Cerceda e Meirama

O Concello de Cerceda rematará a vindeira semana a execución da senda peonil que une os núcleos de Cerceda e Meirama, nun proxecto que contou cun orzamento total de 117.850 euros e que inclúe tamén o camiño Sucadío-Carballal, o de entrada a Parada, a canalización de pluviais en Atrio, o camiño en Carracedo e o aumento da senda peonil na DP-2405. Enmárcanse no Plan Único 2021 da Deputación da Coruña e finalizaranse nas vindeiras semanas.

Executouse así un tramo de 300 metros de senda peonil con 15 centímetros de formigón coloreado de 2 metros de ancho. Previamente realizáronse tarefas de demolición  da cuneta existente e apertura de zanxas para realizar a instalación de tubaxes e arquetas de sumidoiros para a recollida de pluviais.

“Supón un reforzo ao que se sumará a obra de mellora que ADIF vai a desenvolver a medio prazo na propia estación”, anuncia o alcalde, Juan Manuel Rodríguez. 

 

Melloras na estación de tren 

O pasado mes de novembro, o Concello de Cerceda trasladoulle a ADIF, entidade pública empresarial adscrita ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, un informe para acadar as melloras necesarias na estación de tren Cerceda – Meirama. 

A entidade, como resposta, afirmou que “de non mediar imponderables” o vindeiro ano 2024 comezarán as obas coa finalidade de modernizala, mellorando a seguridade e a súa inter operabilidade. 

Instalaranse dous elevadores panorámicos coas súas respectivas pasarelas de unión e unha nova rampla no aparcadoiro para acceso de vehículos e maquinaria de mantemento ao andén, así como unha rampla de acceso peonil. 

Cookies user preferences
We use cookies to ensure you to get the best experience on our website. If you decline the use of cookies, this website may not function as expected.
Accept all
Decline all
Read more
Unknown
Unknown
Accept
Decline
Save