Noticias

O Edificio Social de Xesteda, exemplo de sustentabilidade para o Instituto para a Transición Xusta

  • Esta mañá visitaron a recentemente renovada construción Laura Marín, directora do Instituto para a Transición Xusta, María Rivas, subdelegada do Goberno na Coruña, e o alcalde, Juan Manuel Rodríguez.
  • Supuxo un investimento total de 131.658,90 euros, e 77.798,00 euros foron aportados polo Instituto polo ente estatal,e o resto o AGADER e fondos municipais.

O Concello de Cerceda recepcionou o pasado mes de outubro as obras de renovación do interior do edificio municipal que se atopa preto da área recreativa de Xesteda para convertilo nun Centro Social e Cultural, nun proxecto que dinamizará a parroquia, dando servizo e actividade á súa poboación cunha instalación acorde ás necesidades demandadas pola veciñanza.

Esta mañá visitaron a recentemente renovada construción Laura Marín, directora do Instituto para a Transición Xusta; María Rivas, subdelegado do Goberno na Coruña, e o alcalde, Juan Manuel Rodríguez. Supuxo un investimento de 131.658,90 euros, dos que 77.798,00 euros foron aportados polo ente estatal, e o resto o AGADER e fondos municipais.

O obxectivo do goberno local é que o inmoble acolla actividades de todo tipo, e para todas as idades, de diversa índole como culturais, educativas, lúdicas e asociativas, xa que actualmente esta parroquia non conta con ningún local destas características. O miúdo desta actividade será protagonizado pola Asociación de Mulleres da parroquia.

Así, actuouse no acceso cara o primeiro andar desde o exterior polo baixo. No que se refire o interior, adecuáronse os espazos referentes o vestíbulo de acceso, o aseo da planta baixa, o almacén da planta baixa, o vestíbulo e o aseo da primeira planta e as dúas salas multiusos do primeiro andar.

Tamén se executaron todos os acabados interiores, en tarima de madeira laminada nas salas multiusos do primeiro andar, e en gres cerámico nos restantes espazos. Colocáronse elementos de illamento térmico nas fachadas e realizouse unha renovación total da carpintaría e executaranse as instalacións de fontanaría, saneamento, baixa tensión e alumeado.

Laura Marín, directora do Instituto para a Transición Xusta, destacou que “hoxe vimos a visitar un edificio cuxo proxecto de desenvolvemento está moi avanzado e que se inaugurará nun curto período de tempo, no que poñemos especial énfase para dinamizar a vida dos territorios con menos densidade de poboación e onde asociarse e levar a cabo actividades é sumamente importante. Aproveito para felicitar o alcalde de Cerceda, porque se puxo moito fincapé neste proxecto e hoxe vemos os froitos destes esforzos”, recalcou.

A subdelegada do Goberno, María Rivas, subliñou que “para o Goberno, a sustentabilidade é un obxectivo irrenunciable e queremos seguir traballando no futuro pensando no Mundo que lle deixamos ós nosos fillos e fillas, facendo compatible un desenvolvemento económico lóxico cuns valores sustentables”.

O alcalde, Juan Manuel Rodríguez, sinalou que “con esta remodelación queremos dinamizar Xesteda e nas vindeiras semanas faremos a entrega. Convido a que se faga unha imaxe fixa do que era esta parroquia hai tres anos e o que é hoxe. O nivel de investimento nos ámbitos da mobilidade peonil, iluminación e edificacións públicas é totalmente significativo”, asegurou o rexedor.

 

Outros proxectos

Juan Manuel Rodríguez visitou con Marín e Rivas a contorna do Aquapark de Cerceda, “onde desfrutaremos de dous proxectos que terán financiamento do Instituto para a Transición Xusta. Un é o que nos permitirá establecer un sistema de circulación de calor na auga aproveitando a enerxía solar, e outro é o paseo fluvial, onde se remodelarán as instalacións e se prolongará ata a estrada de titularidade provincial que conecta Cerceda con Xesteda, e que confluirá coa Vía Verde, o que suporá un desenvolvemento na mobilidade peonil vencellado ao que vén potenciando o goberno local”, asegurou o alcalde.

Cookies user preferences
We use cookies to ensure you to get the best experience on our website. If you decline the use of cookies, this website may not function as expected.
Accept all
Decline all
Read more
Unknown
Unknown
Accept
Decline
Save