Noticias

O Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) lanza o concurso da transición xusta de Meirama

O Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO), por medio do Instituto para la Transición Justa (ITJ) lanza o concurso do nó de transición xusta de Meirama o concurso do nó de transición xusta de Meirama 220kV, en Cerceda. 

Este procedemento, que suma ata 408 MW de capacidade, priorizará os proxectos que minimicen a afección ambiental e maximicen os beneficios socioeconómicos locais. Deste modo, preténdese promover que a instalación de enerxías renovables impulse proxectos industriais, agrarios ou sociais adicionais que contribúan a mitigar o impacto do peche da central térmica. 

O concurso busca beneficiar a zona de transición xusta de Meirama, composta por cinco municipios: Carral, Cerceda, A Laracha, Ordes e Tordoia. O alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, valora isto como “un paso importante de cara a converter en realidade os proxectos económicos do territorio”. 

Ademais, sinala que “é un proceso que debe facer fincapé en factores como os beneficios socioeconómicos, sostibilidade, autoconsumo para os cidadáns e empresas da zona, xeración de emprego, plans de formación...”, e recalca que “esa pegada positiva para o interese público representa para nós unha razón de ser e estar”. 

 

Beneficios para as zonas de transición xusta

 

Entre os criterios para a adxudicación do concurso, ademais de priorizar aqueles proxectos que minimicen a afección ambiental investindo en actuacións de economía circular ou de mellora da biodiversidade, valoraranse os beneficios socioeconómicos para o territorio: fomento do emprego, especialmente para traballadores excedentes da central e mulleres; o apoio a proxectos industriais, agrarios ou sociais locais; a formación para residentes da zona; o desenvolvemento de autoconsumo; os investimentos na cadea de valor principal e a participación de investimentos locais. O prazo para a recepción de solicitudes será de dous meses a partir do día 2 de febreiro. 

Cookies user preferences
We use cookies to ensure you to get the best experience on our website. If you decline the use of cookies, this website may not function as expected.
Accept all
Decline all
Read more
Unknown
Unknown
Accept
Decline
Save