Noticias

Resolución definitiva da convocatoria de axudas a escolarización curso 2026/2027

RESOLUCIÓN DEFINITIVA DA CONVOCATORIA DE AXUDAS MUNICIPAIS PARA A ESCOLARIZACIÓN CURSO 2026/2027 EXP: 2026/G003/000797

Visto o expediente 2025/A011/000002 tramitado neste Concello para a concesión das axudas municipais para a escolarización para o curso 2026/2027.
Considerando que a competencia para a resolución desta convocatoria atópase delegada na Xunta de Goberno Local.
Considerando a necesidade e urxencia de resolver o presente procedemento para proceder á publicación e xestión das axudas no menor tempo posible, de conformidade co establecido no artigo 10 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, estímase procedente advocar a dita competencia a favor desta Alcaldía .../...

>>> Ver documento completo decreto resolución (pdf, 106Kb)

XUSTIFICACIÓN DAS AXUDAS

O prazo para a presentación da documentación xustificativa do gasto subvencionable finalizará o 15 de outubro de 2026. A documentación remitirase preferentemente a través da Sede Electrónica do Concello de Cerceda (https://sede.cerceda.es/sxc/gl/), ou ben mediante a súa presentación no Rexistro Xeral do Concello ou calquera das canles previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A xustificación da axuda instrumentarase mediante a achega dos seguintes documentos:

- Solicitude de xustificación debidamente cumprimentada conforme ao modelo recollido no Anexo III

- Facturas acreditativas dos gastos realizados para o curso académico 2026/2027, as cales deberán estar datadas a partir do 1 de xuño de 2026.

As facturas deberán reunir os requisitos establecidos no Regulamento de facturación vixente e, especificamente:

Identificación completa da entidade emisora (Nome, razón social e NIF/CIF)

Desagregación do IVE ou imposto correspondente

Nome e NIF do beneficiario da axuda ou solicitante.

Relación pormenorizada de artigos, especificando o prezo unitario de cada concepto.

Número de factura, data, lugar de emisión e denominación expresa de “factura”, non sendo válidos os simples tiques de compra

Deberase acreditar de xeito efectivo o aboamento da factura mediante a achega de xustificantes de pago en efectivo ou por medios bancarios.

No caso de xustificación de material escolar e libros de texto, a factura deberá especificar expresamente “Xustificación de axudas a escolarización do Concello de Cerceda para o curso 2026/2027”. Aquelas facturas que non o expresen, non serán tidas en conta aos efectos de xustificación.

>>> Anexo III. Presentación xustificación (pfd,119kb)

 

Cookies user preferences
We use cookies to ensure you to get the best experience on our website. If you decline the use of cookies, this website may not function as expected.
Accept all
Decline all
Read more
Unknown
Unknown
Accept
Decline
Save