Noticias

Tempada 2021 Aquapark de Cerceda

O parque acuático de Cerceda abre as súas instalacións para a tempada 2021 o 19 de xuño até o 5 de setembro.

As entradas poden obterse:

  1. En liña van poñerse a venda a partir do día 7 de xuño. As entradas levarán a data, NON admiten devolución e NON dan prioridade no acceso.

  2. Na taquilla do parque a partir das 11 mañá que abren a súa venta ao público.

Novidades:

  1. Unha nova atracción O Barco, esta nova atracción está pensada para os cativos e cativas, onde poderán xogar e refrescarse durante horas.

  2. Liña de trasporte desde A Coruña até o Aquapark. Para os xóvenes coa tarxeta “Xente Nova” a viaxe será gratuita. As persoas usuarias que non teñan a tarxeta, deben aboar o custo establecido pola empresa que fai a liña, coa tarxeta de trasporte metropolitano o custo é inferior.

O bus sairá da Coruña- Entrexardins pasará por diferentes paradas até o Aquapark de Cerceda, ás 11:30 e chega ás 12:30, e logo sairá de volta do Aquapark ás 20 horas e chegará A Coruña- Entrexardíns ás 21 horas.

Toda a información da liña, paradas, horarios, presos e a tarxeta Xente Nova está neste enlace e próximamente na páxina web do Aquapark

Normativa:

  • Uso de máscara obrigatorio en toda a instalación, agás no vaso de auga.

  • Mantener a distancia de seguridade entre as diferentes persoas usuarias das instalacións.

  • Alfombras desinfectantes no acceso ás instalacións.

  • Punto de desinfección con hidroxel no acceso e nos diferentes accesos ás instalacións do parque.

  • Desinfección de aseos e vestiarios cada dúas horas.

  • Persoal encargado da vixiancia do mantemento da seguridade de distanciamento na zoa de toallas/verde.

  • Marcas indicativas da distancia de seguridade no acceso ás atraccións.

 

Cookies user preferences
We use cookies to ensure you to get the best experience on our website. If you decline the use of cookies, this website may not function as expected.
Accept all
Decline all
Read more
Unknown
Unknown
Accept
Decline
Save