- Noticias
- Categoría: Formación e emprego
ACTA DO TRIBUNAL PARA A PROVISIÓN DA PRAZA DE ADMINISTRATIVO/A INTERINO/A
Sendo as 9 horas do día 21/3/2018, reúnese o tribunal para a provisión da praza de administrativo/a interino/a, co fin de resolver as reclamacións efectuadas ó primeiro exercicio.
En tempo e prazo, presentou unha reclamación a opositora XXXXXXXX, en diante e para os documentos de exposición pública, opositora nº22:
“Opositora nº 22, e o pasado xoves 15 de marzo participei no exame tipo test para cubrir unha praza de administrativo, funcionario interino no Concello de Cerceda
A pregunta 40 do test dicía o seguinte:
Son tributos propios das entidades locais:
a)Taxas, contribucións especiais e impostos
B) Taxas,contribucións especiais e impostos ,e a participación en tributos do estado e da scomunidades autónomas
c)Taxas,contribucións especiais e impostos, e os recargos legalmente esixibles sobre os impostos, as comunidades autónomas e doutras entidades locais
O tribunal dá como correcta a opción A) pero o artigo 2.1 letra b) do RDL 2/2004 do 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais di o seguinte:
b) Los tributos propios clasificados en tasas, contribuciones especiales e impuestos y los recargos exigibles sobre los impuestos de las comunidades autónomas o de otras entidades locales.
Segundo o exposto solicitose sexa dada como válida a opción C) como resposta correcta da pregunta 40 do exame
Se modifique a plantilla de respostas tendo en conta o anterior
Se corrixan as puntacións dos opositores debido a este cambio.”
Unha vez analizada a reclamación, constátase que a opositora non se dá conta de que se pregunta “cales son os tributos propios das entidades locais”, non “cales son os recursos propios das entidades locais” e ,precisamente no art 2.1 letra b) do RDL 2/2004 do 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais defínese que os recursos están intregrados por:
“b) Os tributos propios clasificados en taxas, contribucións especiais e impostos e os recargos esixibles sobre os impostos das comunidades autónomas ou doutras entidades locais.”
Como se pode ver nese apartado, xa se definen os tributos propios que non son outros que as taxas, contribucións especiais e impostos.
É polo que este Tribunal resolve:
1.-Desestimar a reclamación formulada pola opositora número 22, xa que a pregunta formulada eran sobre os tributos propios non os recursos das entidades locais.
2.- Como xa se tiña anunciado o exame práctico realizarase o día xoves 22 de marzo de 2018 ás 9:30h no Salón de Plenos do Concello de Cerceda. Avda. do Mesón, 21 – Cerceda
Remata esta sesión sendo as 9 horas e 30 minutos do día da data, da que se extende a presente acta.