Noticias

Noticias

Domingo, 26 de novembro –REDRUM TEATRO- A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR

Ás 18:00h

Auditorio municipal de Cerceda

 

A nena que quería navegar es un espectáculo destinado a un público familiar, principalmente infantil, de entre 6 a 12 anos, que trata un tema que nos preocupa e que tristemente cada pouco tempo acapara as portadas de todos os periódicos, o acoso escolar. En él contamos a historia dunha nena sen nome que, farta de insultos, empurróns  e illamento social, fuxe da escola para non volver nunca máis. Na súa aventura encontrará a Xeadeiro, unha personaxe máxica e vital, mostrándolle que dentro de cada uno de nós escóndese un ser único e especial.

 

Infantil, entre 6 y 12 años | Teatro musical | 50 minutos

Coa colaboración da Deputación da Coruña

 Domingo, 05 de novembro – MALASOMBRA--- OS ROCKEINSTEIN

Ás 18:00h

Auditorio municipal de Cerceda

O doutor Rockenstein é un gran profesor, un gran científico, un inventor, pero tamén é un apaixoado da música consciente de que a boa música está desaparecendo do planeta. Para remedialo, no seu laboratorio decide crear un ser vivo, unha criatura e convertela nunha verdadeira estrela musical que salve ó mundo da desaparición do Rock´n Roll, e para iso, mestura na súa máquina de experimentos os ingredientes necesarios para crear unha estrela do rock.

Un espectáculo de humor no que non faltará a boa música destas futuras estrelas do rock!!

Para todos os públicos. Coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña

Este venres, 27 de outubro ás 17:30, na Biblioteca municipal de Cerceda toca unha nova sesión de Merendas e Contos. Títeres Cachirulo presenta o seu espectáculo "A cabeza do dragón". Fai a túa inscrición  nas Oficinas xerais do Concello ou no teléfono 981685001.

  • BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CERCEDA-- VENRES, 27 DE OUTUBRO// ÁS 17:30H
  • Espectáculo: A cabeza do dragón de Títeres Cachirulo. A partir de 4 anos
  • Coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña 2017.

Tras o encontro do alumnado de Cerceda, no mes de maio, coa escritora María Canosa chega a adaptación teatral de Rubicundo, de Teatro dos Ghazafelhos, ao Auditorio municipal este domingo 8 de outubro ás 18:00h. Non podes perdelo!

Rubicundo cóntanos unha fermosa historia sobre a amizade, a constancia e a
poesía, abríndonos a posibilidade de perseguir os nosos soños sen sentir límites nin
distancias…
Rubicundo é unha obra de teatro actoral onde tres personaxes interactuan con
obxectos, monicreques, bailan e cantan en directo. Coa fermosa historia de María
Canosa de fondo, Ghazafelhos propón unha posta en escena chea de sorpresas
pasando pola música, os monicreques, acrobacia, claqué... Unha mestura de xéneros
que Ghazafelhos soe propor para sorprender a un público familiar e facer difícil de
esquecer esta máxica historia.

Público: Familiar (recom.+5 anos)
Duración: 60 min.

  • DOMINGO, 8 DE OUTUBRO -- ÁS 18:00H
  • AUDITORIO MUNICIPAL DE CERCEDA
  • Entrada de balde ata completar aforo.

O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes vai levar a cabo a realización dun curso básico de lingua galega dirixido fundamentalmente a persoas  interesadas na adquisición das competencias básicas en lingua galega (poboación non galega, basicamente):

Curso básico de lingua galega 

Prazo de solicitude: ata o 11 de outubro

Lugar: SNL da Mancomunidade de Ordes, de 08:00 a 15:00 horas (tel.: 981 680 002, ext.120)

Datas de realización do curso: 17 outubro-7 decembro 2017 (martes e xoves, de 10:00 a 12:30 horas)

Lugar de realización do curso: o concello que teña máis solicitudes

Chega á Biblioteca municipal da Silva, dentro da programación do Ler Conta Moito da Rede de Bibliotecas de Galicia, o espectáculo CONTOS DE MARMALEIRO, ANÍS E LIMÓN de Marisa Irimia. Historias cheas de maxia e emocións. Contos doutros tempos e outras falas, contos que vos farán gozar e que vos iniciarán no camiño dos relatos e as historias.

Público: Nenos de 4 a 10 anos.

BIBLIOTECA MUNICIPAL DA SILVA -

  • VENRES, 29 DE SETEMBRO
  • ÁS 17:15H

Inscricións das Oficinas xerais do Concello ou no teléfono: 981685001, a partir do luns 25 de setembro.

Situado nunha parcela de 200.000 metros cadrados onde están situados o centro de desenvolvemento tecnolóxico, a aula da natureza e o viveiro, encádrase a nova lagoa de 1.500 metros de lámina de auga na que conviven, cisnes brancos e negros, cisnes negro de colo branco, cerceta bicolora, parrulos mandarines e carolines ademais de parrulos culleres.

Para a instalación das lagoas houbo que impermeabilizar os vasos e crear a circulación da auga a unha velocidade moderada. Ademais complementouse con varias pasarelas de madeira e de distinta funcionalidade: por unha parte, permitir o percorrido do público pola parte acuática e achegarse tamén ata a braña, sempre en total respecto co medio natural, e por outra, unha zona algo máis contemplativa.



En canto ao xardín botánico dicir que hai coníferas, algunha especie exótica, árbores, arbustos, frondosas...

Tanto o xardín Botánico coma a lagoa permanecerán abertas ao público de 10:30 da mañá a 18:00 da tarde de forma ininterrompida, sobre todo nos meses de verán.

xardin botanico 1 20150619 1404945077

Página 24 de 31