Inicio

Actualidade

O Concello de Cerceda ven de aprobar un trámite suplementario de información pública da ordenanza reguladora de terrazas en espazos de uso público, por un prazo de quince días hábiles, dende a data de publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
As persoas interesadas poderán formular alegacións para resolver previamente á súa aprobación definitiva.

Os colexios de Cerceda CPI O Cruce e CEIP Celso Emilio Ferreiro van a participar no concurso de Entroido organizado desde o  Concello de Cerceda.


Para o concurso de Máscaras de Entroido, o Concello fixo entrega dunhas máscaras, as cales os curso de Educación Infantil e Educación Primaria van a decorar con motivos de Entroido coas súas mestras e mestres, co fin de que todas/os nenas/os poideran participar no concurso.


Para o concurso de disfraces, participarán os cursos da ESO, e deben realizar un disfraz caseiro, e con unha temática vencellada a toda a situación xerada pola covid-19, faremos unha publicación das fotos que nos acheguen a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..


Bases do concurso

111221 bando voluminosos

 

 

Ponse en coñecemento da veciñanza, que o Concello de Cerceda ven de poñer en funcionamento un servizo de recollida de residuos voluminosos para que aquelas persoas que desexen desfacerse dos residuos sólidos que non se poden botar nos colectores da recollida de lixo convencional poidan facelo dun xeito responsable.


Deste xeito o noso territorio verase beneficiado e os espazos que na actualidade están ocupados pola ferralla e outros obxectos inservibles nas nosas casas quedarán libres.
Todas aquelas persoas interesadas en que se lles recollan enseres e/ou voluminosos deberán chamar, en horario laboral, á empresa que realiza a recollida de lixo no municipio. Os teléfonos de contacto son: 639.200.204 e 616.167.131.


Os días de recollida destes enseres voluminosos serán o último venres de cada mes, polo que será preciso deixar os residuos voluminoso a recoller o día anterior na vía pública.
A modo informativo indícase que no caso dos veciños de Xalo a Comunidade de Propietarios establece a maiores unha recollida adicional que se efectúa o segundo xoves de cada mes Non se recollerán plásticos de agrícolas nin escombro para os que existe un sistema de recollida independente.


O que fago público para xeral coñecemento.

Asinado dixitalmente en Cerceda
polo Alcalde Juan Manuel Rodriguez García

 

 

Página 3 de 19