Política de privacidad

Innovación tecnolóxica

A aposta por I+D+i é un factor que determinará o futuro máis próximo. Todas aquelas empresas que actúen neste ámbito veranse recompensadas. Mais o desenvolvemento deste tipo de iniciativas tecnolóxicas pasa por unha xestión profesionalizada en emprazamentos determinados. Neste contexto nace o Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico de Cerceda.

O Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico ten a finalidade de optimizar a capacidade de innovación das empresas a través da investigación, para potenciar a súa competitividade en mercados nacionais e internacionais.

O Concello de Cerceda pon este proxecto e este edificio á disposición do empresariado cercedense, atribuíndolle como dedicación principal a investigación sobre o medio e a sustantibilidade a través do tratamento da reciclaxe. Ao mesmo tempo, tamén aloxará a futura sede da Asociación de Empresarios de Cerceda.

O edificio do CDT foi deseñado tendo en conta criterios ambientais, de sustentabilidade e de eficacia enerxética e supón unha aposta clara deste concello polo futuro tecnolóxico.

Cookies user preferences
We use cookies to ensure you to get the best experience on our website. If you decline the use of cookies, this website may not function as expected.
Accept all
Decline all
Read more
Unknown
Unknown
Accept
Decline
Save