Noticias

RECOLLIDA DE VOLUMINOSOS NO MES DE DECEMBRO DE 2020

No mes de decembro, e debido as distintas datas festivas, a recollida de voluminosos porta a porta vaise realizar o día 29/12/2020. O procedemento é o habitual:     • Chamando previamente ao 639.200.204
    • Enviando unha mensaxe de wasap ao número 616.167.131
Deberán seguir as indicacións que lles faciliten, no que se refiere ao depósito dos residuos.  

Solicitar Cita Previa

Solicitar cita previa no Concello     Vista a evolución da pandemia vese necesario a implantación da cita previa para as oficinas municipais co fin de minimizar riscos, tanto para o traballador coma para a cidadanía en xeral, polo que procede o establecemento dos seguintes protocolos:
  • A cita previa deberá solicitarse telefónicamente, no departamento ó queira dirixir, ou ben a traves da Sede Electronica https://sede.cerceda.es no apartado Solicitude de Cita Previa.  
  • As citadas daranse de 9 a 14 en intervalos de 20 minutos. Agás nos caso do rexistro presencial, que non se darán citas, atenderase por orde de chegada, gardando os usuarios as distancias de seguridade oportunas.  
  • Recomendase ó uso do rexistro electrónico a disposición na Sede Electrónica, sempre e cando sexa posible.

Cerceda, 2 de novembro de 2020.
O Alcalde-Presidente
Juan Manuel Rodríguez García.

SÁBADO 5 DE DECEMBRO GRAMOLA YE YE NO AUDITORIO

CONTENEDOR MARRÓN PARA A RECOLLIDA DE FRACCIÓN ORGÁNICA

Recordámosvos, que no Concello de Cerceda, temos colocados nas rúas dos núcleos urbanos de Cerceda e de A Silva estes contenedores de cor marrón, que son para depositar a fracción orgánica (restos de comida, sementes, froitos secos…)       Para facer un uso axeitado dos mesmos, podes chamar ao Concello (881.86.41.22) e farémosche entrega da chave que che permite depositar o lixo nos contenedores da rúa e dun caldeiro pequeno para depositar o lixo no teu domicilio.

Subvencións municipais a deportistas e entidades culturais ou deportivas para realizar actividades no ano 2020

Aprobadas en Xunta de Goberno Local celebrada o 18/11/2020, as bases e a convocatoria de subvencións municipais a deportistas e entidades culturais ou deportivas para a realización de actividades no ano 2020, que se transcriben, procede a súa publicación os efectos de inicio de plazo de solicitude.   Bases e convocatoria de subvención municipais a deportistas e entidades culturais ou deportivas para realizar actividades no ano 2020   Attachments:
ANEXOS SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN PARA ACTIVIDADES CULTURAIS OU DEPORTIVAS
XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN PARA ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS

Campaña de vacinación 2020

RECOLLIDA DE RESIDUOS VOLUMINOSOS PORTA A PORTA

O Concello de Cerceda presta un servizo de recollida de residuos voluminosos que non se poden depositar nos colectores da rúa.
A recollida realizase os últimos venres de cada mes; e deberán depositarse o día antes da recollida, ou no seu caso antes das 7:00 horas do mesmo día. Está totalmente prohibido depositar os residuos voluminoso con máis antelación.
Para facer uso deste servizo deberá se chamar aos teléfonos indicados.
IMPRESCINDIBLE AVISAR:
639 200 204
616 167 131
Recordamos que este tipo de residuos poden achegarse ao punto limpo no horario de apertura:
Martes e Xoves: 15:00 h a 19:00 horas
Sábado: 9:30 h a 13:30 h

CONVOCATORIA DE AXUDAS MUNICIPAIS DIRIXIDAS ÁS FAMILIAS PARA O TRANSPORTE ESCOLAR

Nota: que suspendida esta convocatoria ata novo aviso (26/10/20)   A  Xunta de Goberno Local, celebrada o 23/09/2020 acordou a aprobación das bases da convocatoria de axudas dirixidas ás familias para o transporte escolar 2020/2021. Bases BOP 19/10/2020 Descargar solicitude PFD

O Concello de Cerceda inicia o servizo de retirada de plásticos agrícolas

Subcategorías

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares. Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.

Acepto as cookies para este sitio.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk