Os Servizos Sociais de Atención Primaria do Concello de Cerceda realizan unha acción social globalizadora e polivalente para o conxunto da súa cidadanía, ao promoveren e posibilitaren o desenvolvemento do seu benestar social.
É un servizo de información e orientación sobre os recursos sociais e económicos aos que poden dereito aos veciños e veciñas de Cerceda co fin de atopar unha solución ás distintas problemáticas persoais, familiares e sociais.
Prestan un apoio integral e personalizado a todas as persoas ou familias que se atopen ante unha problemática, por diversas causas: por carencias económicas e sociais, por conflitos relacionais, por ausencias, desemprego, desarraigo, toxicomanías, etc.
Trátase dun servizo de recursos ou prestacións sociais que teñen como fin ofrecer o apoio individualizado que favoreza a autonomía persoal e social dos veciños e veciñas en situacións máis desprotexidas con especial atención a menores, maiores ou persoas con algunha discapacidade ou con escasos recursos persoais e habilidades evitando o desarraigo familia, da veciñanza, e da contorna.
Tramita e xestiona diferentes prestacións económicas e asistenciais, atendendo ás necesidades sociais que presenta cada persoa ou familia.
É un servizo que ten como finalidade facilitarlle á xente maior un envellecemento activo e fomentar a calidade de vida na etapa de vellez previndo posibles situacións de desarraigo ou de exclusión social e promovendo ao máximo a autonomía persoal das persoas maiores.
O Concello de Cerceda dispón dunha escola infantil municipal para nenos e nenas de 0 a 3 anos. Trátase dun equipamento diúrno de carácter educativo e asistencial que ten por obxecto o desenvolvemento harmónico e integral dos nenos e nenas, así como realizar ademais un importante labor de apoio á función educativa da propia familia, á vez que facilita o acceso dos pais e nais ao mundo laboral.
O centro de día residencial de Cerceda e un centro xerontolóxico da rede pública da Xunta de Galicia que conta con 41 prazas de centro de día e 21 de fogar residencial.
O Concello de Cerceda ten entre as súas prioridades promover a igualdade de dereitos e a non discriminación entre homes e mulleres, así como a participación e a integración das mulleres na vida social, cultural, económica e política do municipio.
No deseño da programación cultural anual do Concello de Cerceda incídese de maneira moi especial na dinamización sociocultural dos diferentes colectivos e grupos.
Á marxe dos indubidables beneficios que lle reporta á nosa saúde, tanto a nivel físico como psicolóxico, hoxe a práctica do deporte ten tamén unha relevante dimensión social e cultural, transmisora de valores e válida como instrumento de educación e de integración.
O Concello de Cerceda fai unha aposta cada vez máis forte pola conservación ambiental e a sustantibilidade. Esta aposta concrétase a día de hoxe en diversos servizos dos que dá conta a Área de Medio Ambiente e Sanidade.
En Cerceda, a limpeza de espazos públicos é xestionada polo propio Concello con traballadores municipais. Ademais de se dedicar ao mantemento das instalacións municipais e das zonas urbanas, o servizo de limpeza abrangue tamén as tarefas de mantemento das abondosas zonas verdes e naturais espalladas polas seis parroquias do municipio.
O Concello de Cerceda ten entre os seus obxectivos potenciar e consolidar o seu crecemento urbanístico para se converter nunha vila compacta, cunha diversificación social e funcional e un crecemento heteroxéneo onde o territorio sexa utilizado de forma racional e sustentable.
O Concello de Cerceda, por medio do seu goberno local, pon á disposición de todas aquelas persoas emprendedoras que desexen poñer en marcha un negocio, empresa ou actividade os medios e recursos precisos para iniciar estes novos proxectos.
Co motivo do Día das Letras Galegas de 2010, o Concello de Cerceda convocou o I Certame de recollida da tradición oral, en colaboración cos centros de ensino do municipio, o CPI O Cruce de Cerceda e o CEIP Celso Emilio Ferreiro da Silva, e destinado ao alumnado de secundaria.