No deseño da programación cultural anual do Concello de Cerceda incídese de maneira moi especial na dinamización sociocultural dos diferentes colectivos e grupos.
Deste xeito, ao longo de todo o ano, desenvólvense diferentes actividades que tratan, fundamentalmente, de traballar os seguintes obxectivos:
Facer actos para conmemorar días especiais (Entroido, Nadal, Día do Deporte, Día do Senderista, Día do Libro, Día das Letras Galegas...)
Participar nos diferentes programas de difusión cultural que se propoñen desde diferentes organismos e outras administracións. Destacamos neste apartado o convenio do Concello de Cerceda coa Rede Cultural da Deputación da Coruña, coas iniciativas e programas específicos da Consellaría de Cultura e Deporte, etc...
Dinamizar a lectura nos centros educativos do Concello (concursos literarios por exemplo) e as actividades teatrais e musicais
Recuperar o valor cultural e etnográfico das nosas festas e romarías tradicionais
Desenvolver actividades específicas de promoción cultural
Neste espazo poderás coñecer máis polo miúdo todos os programas e as actividades que o Concello ten en marcha para dinamizar a vida cultural de Cerceda.
Tanto se vives aquí como se vés de visita, en Cerceda atoparás unha ampla rede de espazos e equipamentos culturais pensados para que lle saques todo o proveito ao teu tempo de ocio.
Para acadar os nosos obxectivos o Concello de Cerceda estrutura a súa programación nunha serie de actuacións/programas culturais que se desenvolven ao longo de todo o ano.
¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.
Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.