Artigos

Aula de Informática (CEMIT)

Aula de Informática (CEMIT)

AULA DE INFORMÁTICA
Centro Cívico de Cerceda
Avenida Fernando González Laxe
15185 Cerceda
Teléfono: 981 686 209
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

INTRODUCIÓN

Desde o ano 2007, o Concello de Cerceda conta cunha aula de informática enmarcada dentro do proxecto da Rede da Dinamización da Sociedade da Información, actualmente coñecida como Rede de Centros de Modernización e Innovación Tecnolóxica (Rede CeMIT).

A aula conta con 10 computadores de sobremesa máis un portátil totalmente equipados con cámara web, auriculares e lector de DNI electrónico. Ademais, hai unha impresora multifunción de uso público limitado, un proxector e unha cámara de fotos dixital. Por último, o centro conta tamén con conexión sen fíos o que permite que as persoas usuarias traballen cos seus propios computadores.

Esta aula, especialmente destinada a alfabetizar dixitalmente á poboación, vén ofrecendo desde entón os seguintes servizos:

ACTIVIDADES FORMATIVAS

  • Obradoiros tecnolóxicos: cursos de ata 15 horas de duración e de temática moi variada (iniciación á Internet, procesador de textos, solicitude de cita médica por Internet, prensa na Internet, correo electrónico…). Estes obradoiros son básicos e están orientados a aquelas persoas sen coñecementos de informática, ou con nocións básicas. Todos os meses convócanse novos obradoiros.
  • Actividades de difusión: como complemento aos obradoiros, a aula
    organiza de cando en vez algunha charla ou xornada informativa sobre
    diferentes aspectos das novas tecnoloxías (o DNI electrónico, as
    redes sociais, seguranza na Internet…).
  • Iniciativas: ademais dos obradoiros e charlas, desenvólvense ocasionalmente na aula algunha actividade extraordinaria que combina a
    aprendizaxe das novas tecnoloxías coa \"tradición\" elaborando, por
    exemplo, videomontaxes sobre oficios tradicionais, traballos sobre a
    emigración etc.

AULA ABERTA

Ordenadores na aula

Ademais das actividades formativas, a aula conta cun amplo horario de aula aberta en que calquera pode utilizar libremente os ordenadores e demais recursos.

O servizo da aula aberta conta cun/cunha dinamizador/a tecnolóxico/a que presta apoio a quen o necesite, asesorando, resolvendo dúbidas, informando sobre páxinas web, ensinando a facer aquilo que o usuario non sabe...

A aula aberta é tamén unha boa oportunidade para que aquelas persoas que asisten aos obradoiros reforcen os seus coñecementos e poñan en práctica o aprendido nas clases.

Ordenadores na aula

 

A AULA EN NÚMEROS

Neste primeiro semestre de 2010, a aula rexistrou un total de 31 usuarios novos.

Así, desde o mes de xaneiro, impartimos un total de 26 obradoiros, cun total de 172 horas de formación. Ademais, organizamos tres charlas informativas: dúas sobre o DNI electrónico (nunha das cales distribuímos lectores de balde entre as persoas asistentes) e outra sobre a seguranza na Internet.

Por último, en maio levamos a cabo a iniciativa \"Billetes de ida e volta\", en que os participantes elaboraron uns traballos en que relatan a súa experiencia como emigrantes retornados (estes traballos están expostos
ao público na páxina web \"Cerceda no mundo\", así como no arquivo da
aula).

HORARIO

Entro o 1 de outubro e o 31 de maio o horario da aula é de luns a xoves de 10.30 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.30 horas, e os venres de 09.30 a 15.00 horas. As horas destinadas ao servizo de aula aberta poden variar en función dos obradoiros que se impartan cada mes.

Entre o 1 de xuño e o 30 de setembro o horario da aula será de 08:00 a 15:00 horas, debendo consultar tamén as horas de uso libre.

CURSOS PRIMEIRO TRIMESTRE DE 2011

Os cursos que se desenvolven durante o primeiro trimestre son os seguintes:

  • Iniciación á informática I. Os luns e os venres, de 10 a 11
  • Iniciación á informática I. A Silva. Os mércores de 11.30 a 13
  • Iniciación á informática II. Os martes e os xoves, de 10 a 11
  • Iniciación á informática II, A Silva. Os venres de 11.30 a 13.00
  • Iniciación á informática III. Os martes e os xoves, de 11.30 a 12.30
  • Iniciación á informática IV. Os martes e os xoves de 16 a 17
  • Iniciación á informática V. Os luns e os mércores de 17 a 18
  • Mecanografía e procesador de texto. Os luns de 12 a 13 e os mércores, de 10 a 11
  • Iniciación á Internet. Os luns e os mércores de 16 a 17