Artigos

Retómase a atención presencial do servizo de apoio a empresas e persoas autónomas

A partir do 2 de xuño retómase a atención presencial do Servizo de Apoio a Empresas e Persoas Autónomas dirixido a persoas que teñan un novo proxecto empresarial ou un negocio xa consolidado, facilitándolles a orientación e información necesaria para tramitar a documentación que precisen, e o que é máis importante, a colaboración na procura daquelas axudas que permitan financiar os seus proxectos.

Neste servizo poderás coñecer algunhas destas iniciativas e axudas e informarte daqueles programas e recursos que se están a desenvolver co obxectivo de impulsar os nosos sectores produtivos.

  • Día: Mércores
  • Horario: de 9.00 a 13.30
  • Lugar: Viveiro de Empresas Municipal (Rúa Innovación, s/n, Polígono Industrial do Acevedo)
  • Contacto: 881 864 425

 

facebook