Artigos

Servizo de apoio a empresas e persoas autónomas

O Concello de Cerceda pon á disposición de todas aquelas persoas emprendedoras que desexen poñer en marcha un negocio, empresa ou actividade os medios e recursos precisos para iniciar estes novos proxectos empresariais.

Dende este servizo tamén se lle presta asesoramento e apoio ás empresas e persoas autónomas que xa teñan o seu negocio en funcionamento.

  • Día: Mércores
  • Horario: de 9.00 a 13.30
  • Lugar: Viveiro de Empresas Municipal (Rúa Innovación, s/n, Polígono Industrial do Acevedo)
  • Contacto: 881 864 425

 O Concello ofrecelles a todos os cidadáns e cidadás que teñan un proxecto empresarial ou un negocio xa consolidado, a orientación necesaria para tramitar a documentación que precisen, e o que é máis importante, a colaboración na procura de aquelas axudas que permitan financiar os seus proxectos.

Neste servizo poderás coñecer algunhas destas iniciativas e axudas e informarte daqueles programas e recursos que se están a desenvolver co obxectivo de impulsar os nosos sectores produtivos.