O Concello de Cerceda, a través do departamento de Benestar Social, igualdade e comunicación, vai abrir o prazo para solicitar o servizo de “Bos Dias Cole “– Curso 2021/2022, no colexio CPI O Cruce, para todo o alumnado matriculado no centro. A realización do servizo, está supeditada a que exista un número mínimo de 13 solicitudes, así como a calquera situación que poida darse a causa do COVID-19.
O prazo de solicitude é dende o 15 ao 30 de xuño.
Para máis información, pódese contactar telefonicamente con servizos sociais do Concello de Cerceda no telf.: 981 686 068.
As solicitudes poden atoparse na páxina web do concello ou no departamento no 3º andar do edificio municipal.
Documentación adxunta:
AUTORIZACIÓN DE RECOLLIDA/ENTREGA DO/A MENOR
DECLARACIÓN RESPONSABLE DE USO DO SERVIZO