Artigos

Información relativa ao Padrón fiscal do IVTM, exercicio 2022

O Padrón fiscal do imposto sobre vehículos de tracción mecánica, exercicio 2022,  aprobouse por resolución núm. 14910, do 24 de marzo de 2022, da Presidencia desta Corporación, na que se contén a relación de suxeitos pasivos, características e matrícula dos vehículos de que son titulares e cota a satisfacer, en cada caso, de acordo coa Ordenanza fiscal aprobada polo concello.

O devandito padrón fiscal quedará exposto ao público na Deputación provincial (rúa Archer Milton Huntington, 17, 15071 A Coruña), onde poderá ser examinado polos interesados, desde o día 1 de abril ao 2 de maio de 2022, ambos os dous inclusive.


As consultas faranse a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou chamando ao teléfono gratuíto 900132204.


O anuncio de exposición pública dos padróns fiscais será publicado, oportunamente, no Boletín Oficial da Provincia e nos diarios de maior tirada da provincia.