Artigos

Convocatoria das axudas municipais para os desprazamentos con fin escolar para o vindeiro curso 2024-2025

Con data 29/05/2024 publicouse no Boletín Oficial da Coruña número 103 a convocatoria das axudas municipais para os desprazamentos con fin escolar para o vindeiro curso 2024-2025. O obxecto destas axudas é apoiar aos estudantes que cursen estudos de bacharelato, de ensinanza de réxime especial, formación profesional ou universitaria favorecendo o seu acceso aos centros de ensino públicos mediante unha axuda económica para os gastos derivados da utilización de calquera tipo de transporte para acceder aos mesmos.

O prazo de presentación das solicitudes será dende o día 30/05/2024 ata o día 18/06/2024 ambos incluidos.

Para máis información no Departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981 68 60 68.

>>> Ver ou descargar Bases e Anexos

>>> Ver ou descargar solicitude