Artigos

O Concello remata os traballos de mellora do firme da pista que une Leirainfesta co cemiterio e dun dos camiños en Ribasoutas

O Concello de Cerceda rematou a pasada semana os traballos de mellora do firme da pista que une Leirainfesta co cemiterio e dun dos camiños en Ribasoutas, dentro do Plan de Mellora de Camiños Municipais de Acceso a Parcelas Agrícolas 2021-2022 do AGADER. Contou cun orzamento de 41.820 euros.

Na primeira actuación, interveuse nun total de 685 metros nunha vía que conta cun ancho de 3,5 metros. Limpáronse as gabias de ambas marxes e mellorouse a capa de rodaxe, aplicando unha capa de cinco centímetros de aglomerado en quente a toda a plataforma, reparáronse os baches e perfiláronse as mordentes. Completouse coa correcta colocación da sinalización vertical e horizontal, pintando as liñas nos bordos e a instalación de tres sinais de STOP. Tamén o recrecido dun pozo de rexistro.

Na segunda, no camiño de a Ribasoutas, actuouse nun total de 325 metros, nunha vía que conta cun ancho de 3 metros. Limpáronse as gabias de ambas marxes e mellorouse a capa de rodaxe aplicando un tratamento asfáltico superficial e rego de selado a toda a plataforma.

O alcalde, Juan Manuel Rodríguez, remarca que “son dous casos máis onde mellora a accesibilidade no transcurso deste mandato. Destacablemente no caso da vía que une Leirainfesta co cemiterio”.