O Concello de Cerceda pon a disposición da veciñanza a actividade 'En forma mente e corpo', baseada na actividade física, actitude e alimentación saudable a través do mindfulness. As inscricións poden realizarse na sede electrónica ou no rexistro do Concello, do 12 ao 16 de setembro. Para máis información, a liña telefónica habilitada responde ó número 981 68 60 68. Serán 20 euros ó mes, todos os sábados, desde o 7 de outubro ó 18 de maio e con periodicidade quincenal.