Inicio

Actualidade

Como todos sabedes, colocouse na rúa o colector marrón para a recollida selectiva de fracción orgánica.

Anótate no teléfono 881.86.41.22 ou no correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., para reservar o teu kit domiciliario.

Unha vez feita a túa reserva no teléfono indicado poderás pasar a recollelo no Campo da Feira de Cerceda o día 17.07.2021 a partir das 11:00 horas.

conten marron

 

axudanoscomarron

  solicit kit marron2

A partir do 2 de xuño retómase a atención presencial do Servizo de Apoio a Empresas e Persoas Autónomas dirixido a persoas que teñan un novo proxecto empresarial ou un negocio xa consolidado, facilitándolles a orientación e información necesaria para tramitar a documentación que precisen, e o que é máis importante, a colaboración na procura daquelas axudas que permitan financiar os seus proxectos.

Neste servizo poderás coñecer algunhas destas iniciativas e axudas e informarte daqueles programas e recursos que se están a desenvolver co obxectivo de impulsar os nosos sectores produtivos.

  • Día: Mércores
  • Horario: de 9.00 a 13.30
  • Lugar: Viveiro de Empresas Municipal (Rúa Innovación, s/n, Polígono Industrial do Acevedo)
  • Contacto: 881 864 425

 

facebook

O parque acuático de Cerceda abre as súas instalacións para a tempada 2021 o 19 de xuño até o 5 de setembro.

As entradas poden obterse:

  1. En liña van poñerse a venda a partir do día 7 de xuño. As entradas levarán a data, NON admiten devolución e NON dan prioridade no acceso.

  2. Na taquilla do parque a partir das 11 mañá que abren a súa venta ao público.

Novidades:

  1. Unha nova atracción O Barco, esta nova atracción está pensada para os cativos e cativas, onde poderán xogar e refrescarse durante horas.

  2. Liña de trasporte desde A Coruña até o Aquapark. Para os xóvenes coa tarxeta “Xente Nova” a viaxe será gratuita. As persoas usuarias que non teñan a tarxeta, deben aboar o custo establecido pola empresa que fai a liña, coa tarxeta de trasporte metropolitano o custo é inferior.

O bus sairá da Coruña- Entrexardins pasará por diferentes paradas até o Aquapark de Cerceda, ás 11:30 e chega ás 12:30, e logo sairá de volta do Aquapark ás 20 horas e chegará A Coruña- Entrexardíns ás 21 horas.

Toda a información da liña, paradas, horarios, presos e a tarxeta Xente Nova está neste enlace e próximamente na páxina web do Aquapark

Normativa:

  • Uso de máscara obrigatorio en toda a instalación, agás no vaso de auga.

  • Mantener a distancia de seguridade entre as diferentes persoas usuarias das instalacións.

  • Alfombras desinfectantes no acceso ás instalacións.

  • Punto de desinfección con hidroxel no acceso e nos diferentes accesos ás instalacións do parque.

  • Desinfección de aseos e vestiarios cada dúas horas.

  • Persoal encargado da vixiancia do mantemento da seguridade de distanciamento na zoa de toallas/verde.

  • Marcas indicativas da distancia de seguridade no acceso ás atraccións.

 

Dentro da convocatoria da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural pola que se aproba o Plan marco de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, o Concello de Cerceda acometeu o proxecto CAMIÑO DA ESTRADA AC-523 A ESTRADA DO MESÓN DO VENTO E OUTRO.

            

INFORMACIÓN DO NOVO SERVIZO DE INCIDENCIAS E SUXESTIÓNS DENTRO DA APLICACIÓN DE TOKAPP DO CONCELLO DE CERCEDA.

  1. Acceder a aplicación de TokApp do noso concello.

  2. Entrar no apartado de CHAT, e na parte inferior atoparás un botón ENVIAR AVISOS.

  3. Dependendo do que nos queiras facer chegar atoparás: INCIDENCIA ou SUXESTIÓN. Cando se refire as incidencias débese activar a xeolocalización co fin de que saibamos onde se atopa a incidencia.

Páxina 10 de 26