Inicio

Actualidade

Tras o encontro do alumnado de Cerceda, no mes de maio, coa escritora María Canosa chega a adaptación teatral de Rubicundo, de Teatro dos Ghazafelhos, ao Auditorio municipal este domingo 8 de outubro ás 18:00h. Non podes perdelo!

Rubicundo cóntanos unha fermosa historia sobre a amizade, a constancia e a
poesía, abríndonos a posibilidade de perseguir os nosos soños sen sentir límites nin
distancias…
Rubicundo é unha obra de teatro actoral onde tres personaxes interactuan con
obxectos, monicreques, bailan e cantan en directo. Coa fermosa historia de María
Canosa de fondo, Ghazafelhos propón unha posta en escena chea de sorpresas
pasando pola música, os monicreques, acrobacia, claqué... Unha mestura de xéneros
que Ghazafelhos soe propor para sorprender a un público familiar e facer difícil de
esquecer esta máxica historia.

Público: Familiar (recom.+5 anos)
Duración: 60 min.

  • DOMINGO, 8 DE OUTUBRO -- ÁS 18:00H
  • AUDITORIO MUNICIPAL DE CERCEDA
  • Entrada de balde ata completar aforo.

O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes vai levar a cabo a realización dun curso básico de lingua galega dirixido fundamentalmente a persoas  interesadas na adquisición das competencias básicas en lingua galega (poboación non galega, basicamente):

Curso básico de lingua galega 

Prazo de solicitude: ata o 11 de outubro

Lugar: SNL da Mancomunidade de Ordes, de 08:00 a 15:00 horas (tel.: 981 680 002, ext.120)

Datas de realización do curso: 17 outubro-7 decembro 2017 (martes e xoves, de 10:00 a 12:30 horas)

Lugar de realización do curso: o concello que teña máis solicitudes

Chega á Biblioteca municipal da Silva, dentro da programación do Ler Conta Moito da Rede de Bibliotecas de Galicia, o espectáculo CONTOS DE MARMALEIRO, ANÍS E LIMÓN de Marisa Irimia. Historias cheas de maxia e emocións. Contos doutros tempos e outras falas, contos que vos farán gozar e que vos iniciarán no camiño dos relatos e as historias.

Público: Nenos de 4 a 10 anos.

BIBLIOTECA MUNICIPAL DA SILVA -

  • VENRES, 29 DE SETEMBRO
  • ÁS 17:15H

Inscricións das Oficinas xerais do Concello ou no teléfono: 981685001, a partir do luns 25 de setembro.

Situado nunha parcela de 200.000 metros cadrados onde están situados o centro de desenvolvemento tecnolóxico, a aula da natureza e o viveiro, encádrase a nova lagoa de 1.500 metros de lámina de auga na que conviven, cisnes brancos e negros, cisnes negro de colo branco, cerceta bicolora, parrulos mandarines e carolines ademais de parrulos culleres.

Para a instalación das lagoas houbo que impermeabilizar os vasos e crear a circulación da auga a unha velocidade moderada. Ademais complementouse con varias pasarelas de madeira e de distinta funcionalidade: por unha parte, permitir o percorrido do público pola parte acuática e achegarse tamén ata a braña, sempre en total respecto co medio natural, e por outra, unha zona algo máis contemplativa.



En canto ao xardín botánico dicir que hai coníferas, algunha especie exótica, árbores, arbustos, frondosas...

Tanto o xardín Botánico coma a lagoa permanecerán abertas ao público de 10:30 da mañá a 18:00 da tarde de forma ininterrompida, sobre todo nos meses de verán.

xardin botanico 1 20150619 1404945077

Na Piscina Climatizada de Cerceda acometeuse unha instalación fotovoltaica de autoconsumo, financiada pola Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) ao abeiro da Resolución do 2 de maio de 2019, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas a proxectos de enerxía fotovoltaica, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco operativo Feder Galicia 2014-2020 e se procede a súa convocatoria en réxime de concorrencia  competitiva para o ano 2019 (DOG núm. 93 do 16/05/2019).

Por Decreto da Alcaldía – Presidencia 818/2018, de 07 de decembro, aprobouse a resolución da Convocatoria pública de subvencións municipais a deportistas e ás entidades culturais e deportivas para a realización de actividades no ano 2018 (BOP núm. 210, de 5 de novembro de 2018). Accede a resolución íntegra dende esta nova. As entidades e persoas físicas beneficiarias terán ata o próximo 17 de decembro de 2018 para achegar a documentación xustificativa das ditas axudas concedidas.

Accede dende aquí a documentación para facer a xustificación que tamén está dispoñible nas Oficinas xerais do Concello.

 

Páxina 20 de 26