A programación cultural municipal desenvolve, ao longo de todo o ano, diversas actividades dirixidas a tódolos públicos.
As finalidades de traballo son, a grandes rasgos, as seguintes:
- Favorecer a participación da veciñanza nas diferentes actividades de promoción da cultura cunha oferta diversificada adaptada a tódolos públicos. E favorecer o encontro cultural de toda a poboación
- Desenvolver o programa específico de dinamización do libro e da lectura na Rede de Bibliotecas municipal
- Traballar no proceso de recuperación da memoria colectiva local a través de actuacións específicas coa xente máis maior do noso concello.
- Apostar pola dinamización da nosa lingua e estender o seu uso nas xeracións máis novas