Cultura

No deseño da programación cultural anual do Concello de Cerceda incídese de maneira moi especial na dinamización sociocultural dos diferentes colectivos e grupos.


Deste xeito, ao longo de todo o ano, desenvólvense diferentes actividades que tratan, fundamentalmente, de traballar os seguintes obxectivos:

  • Facer actos para conmemorar días especiais (Entroido, Nadal, Día do Deporte, Día do Senderista, Día do Libro, Día das Letras Galegas...)
  • Participar nos diferentes programas de difusión cultural que se propoñen desde diferentes organismos e outras administracións. Destacamos neste apartado o convenio do Concello de Cerceda coa Rede Cultural da Deputación da Coruña, coas iniciativas e programas específicos da Consellaría de Cultura e Deporte, etc...
  • Dinamizar a lectura nos centros educativos do Concello (concursos literarios por exemplo) e as actividades teatrais e musicais
  • Recuperar o valor cultural e etnográfico das nosas festas e romarías tradicionais
  • Desenvolver actividades específicas de promoción cultural
Neste espazo poderás coñecer máis polo miúdo todos os programas e as actividades que o Concello ten en marcha para dinamizar a vida cultural de Cerceda.

Tanto se vives aquí como se vés de visita, en Cerceda atoparás unha ampla rede de espazos e equipamentos culturais pensados para que lle saques todo o proveito ao teu tempo de ocio.