Os nosos equipos

O compromiso do Concello de Cerceda no fomento e no apoio ao deporte reflíctese tamén na existencia dun bo número de clubs e equipos de referencia a nivel nacional.

Xacobeo 2010Centro Cultural e Deportivo Cerceda

Club Motor Cerceda

Deporte Galego

Club de aeromodelismo As Gaivotas

No lugar de Rodís o Concello de Cerceda ten unha pista de aeromodelismo que emprega habitualmente o Club As Gaivotas, cuxa constitución, daquela co nome de Club de Voo Cambre, se remonta a 1983.

A idea de crear este club xurdiu por entón dun grupo de afeccionados que se foron xuntando por libre nas Marismas de Betanzos para experimentar con modelos de certa calidade, o que os levou a organizarse e loitar para normalizar esta afección.

En 1985 o Club de Aeromodelismo As Gaivotas participou na constitución da Federación Galega de Deportes Aéreos, o que hoxe en día é a Federación Aeronáutica Galega.

Atlética A Silva

Club Patín Cerceda

No ano 2008 o Concello de Cerceda e o Coinasa Liceo chegaron a un acordo polo que o daquela filial do Liceo xogaría durante a temporada 2008/09 todos os seus partidos da primeira división como local no Pavillón Municipal de Cerceda. Grazas a este acordo o equipo pasou a denominarse Coinasa Liceo Cerceda.

Grazas á espectacular temporada do Liceo Cerceda na categoría de prata do hóckey español, en que se proclamou vencedor, levouno ao ascenso á OK Liga. Deste xeito, o Liceo Cerceda pasou a se denominar Club Patín Cerceda e a ser totalmente independente.

Na actualidade, o Club Patín Cerceda xoga os seus partidos da OK Liga no Pavillón Fernando González Laxe, por onde pasarán os grandes equipos do hóckey mundial, como o H.C. Liceo, o F.C. Barcelona ou o Igualada, campións europeos e mesmo mundais da disciplina rodada.