A violencia de xénero é calquera agresión física, psicolóxica ou económica dirixida contra as mulleres polo feito de ser muller, non porque teñamos un modo de comportarnos que dea lugar a que isto ocorra.
O Concello de Cerceda ten entre as súas prioridades promover a igualdade de dereitos e a non discriminación entre homes e mulleres, así como a participación e a integración das mulleres na vida social, cultural, económica e política do municipio.
Algunhas das medidas que cómpre salientarmos e que conforman algúns pasos importantes para facermos de Cerceda un municipio máis igualitario foron a creación dunha escola infantil municipal, coa que tamén contribuímos á conciliación da vida laboral, persoal e familiar, ou a elaboración do I Plan municipal de igualdade de oportunidades.
Para avanzarmos aínda máis neste camiño e compartirmos un futuro en igualdade, agardamos converter nunha realidade moi pronto o II plan. Á par da súa elaboración e da aplicación das medidas que este recolla o Concello de Cerceda continuará desenvolvendo políticas que incorporen a perspectiva de xénero en todos aqueles ámbitos en que ten competencia.
Desde a administración local, pola nosa proximidade á poboación, son moitas as iniciativas que podemos e queremos desenvolver para construírmos entre todos e todas un concello máis igualitario e contribuírmos tamén deste xeito á erradicación da violencia de xénero.
A violencia de xénero é calquera agresión física, psicolóxica ou económica dirixida contra as mulleres polo feito de ser muller, non porque teñamos un modo de comportarnos que dea lugar a que isto ocorra.
Con motivo da realización do I Plan de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes do Concello de Cerceda 2005-2007, detectamos a necesidade de pór en marcha medidas de atención e de protección ás mulleres en situación de violencia de xénero, dende unha perspectiva integral, e potenciar a coordinación entre os diferentes axentes sociais que interveñen nesta materia
O Centro de Información da Muller é un servizo de información xurídica, de atención psicolóxica, de información sobre os recursos existentes na zona e calquera outra actividade encamiñada a mellorar a calidade de vida das mulleres da Comarca de Ordes (Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo).
Co motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, o Concello de Cerceda presenta esta pequena guía de uso dunha linguaxe non sexista nos seus textos administrativos
O Concello de Cerceda é consciente de que a Administración local, pola súa proximidade á poboación, debe ter un maior grao de implicación no deseño e na aplicación de iniciativas que promovan a igualdade real de homes e mulleres.
O Concello de Cerceda oferta o servizo de información as mulleres no noso concello por medio dos servizos sociais comunitarios de base.
Concello de Cerceda
Validación W3C
Validación WAI-AA
[ : ; = · ] : rop bew oñesed
Este sitio web usa cookies para xestionar a autenticación, a navegación e outras funcións. Ao usar o noso sitio web, acepta que podemos colocar este tipo de cookies no seu dispositivo.
Ver a política de privacidade da web
Ver os documentos da Directiva de privacidade electrónica
Nome da cookie | Dominio | Descrición | |
---|---|---|---|
(código alfanumérico) | cerceda.org | Cookie de sesión necesaria para o funionamento de Joomla! (esta web) que é eliminada cando se sae da web. | |
plg_system_eprivacy | cerceda.org | Almacena a túa escolla co consentimento de cookies. Ten un mes de duración. | |
Rexeitou as cookies. Esta decisión pódese reverter.
Permitiu que se coloquen cookies no seu computador. Esta decisión pódese reverter.