Información e asesoramento

O Concello de Cerceda oferta o servizo de información as mulleres no noso concello por medio dos servizos sociais comunitarios de base.

CASA DO CONCELLO
Avda. do Mesón, 21. 3º andar
Teléfono: 981 686 068

A través deste servizo, ofrécese información e orientación garantindo en todo momento os principios de confidencialidade, anonimato e privacidade.

Os obxectivos son:

  • Proporcionar información, orientación e asesoramento en materia de muller a todo o colectivo feminino do concello
  • Ofertar asesoramento en temática de dereito de familia, violacións, abusos sexuais e malos tratos
  • Derivación a recursos específicos, cando sexa preciso.
  • Crear espazos propios para as mulleres ao potenciar as actividades de lecer e tempo libre
  • Promover a creación de asociacións e colectivos impulsados e dirixidos por mulleres

Deste xeito, as persoas que se acerquen aos servizos comunitarios de base de Cerceda poderán recibir diferentes tipos de información e asesoramento:
  • Xurídico: dereito de familia (separacións, divorcios, custodias); dereito penal (denuncias, malos tratos, lesións...); xustiza gratuíta, dereito civil, administrativo, laboral...
  • Psicolóxico: apoio e atención psicolóxica personalizada; orientación e intervención en casos individuais (ansiedade, depresión, problemas de conduta...)
  • En materia de violencia de xénero: atención e asesoramento en casos de malos tratos, informacións sobre pasos para realizar (denuncia, orde de protección, orde de afastamento, afastamento alternativo...)