Punto Limpo
Punto Limpo

Punto Limpo

O Concello de Cerceda conta cun Punto Limpo cuxo obxectivo principal é servir a cidadanía como centro de achega voluntaria para a recolla selectiva dos residuos producidos no ámbito domiciliario que non poden ser depositados nos colectores ordinarios.

O horario de apertura é

  • Martes e xoves de 15:00 a 19:00
  • Sábados de 9:30 a 13:30

O Punto Limpo está situado no Polígono do Acevedo

Outros obxectivos do Punto Limpo do Concello de Cerceda son os seguintes:

  • Evitar a vertedura incontrolada dos residuos de gran tamaño (entullos e residuos voluminosos como mobles ou electrodomésticos) que non poden ser eliminados por medio dos servizos convencionais de recolla de lixo.
  • Aproveitar aqueles materiais contidos nos residuos urbanos que poden ser reciclados directamente, e conseguir con iso un aforro en materias primas e de enerxía, así como unha cantidade de residuos que é necesario tratar e/ou eliminar.
  • Separar os residuos perigosos que se xeran nos fogares, cuxa eliminación conxunta co resto do lixo urbano ou mediante a vertedura á rede de saneado supón un risco para os operarios destes servizos e para as instalacións de tratamento ou eliminación. Desta forma evitaremos o deterioramento acelerado do medio.
  • Crear unha conciencia de selección e de recuperación dos nosos propios residuos.

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares. Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.

Acepto as cookies para este sitio.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk