A recollida de lixo en Cerceda é selectiva. Ademais da recollida de lixo xenérica, recóllense envases lixeiros (colector amarelo), papel e cartón (colectores azuis), vidro (colectores verdes) e mesmo se fai recollida domiciliaria de residuos voluminosos de forma mensual. Nesta páxina informamos da periodicidade con que se recolle o lixo en Cerceda.
Papel e cartón:
os colectores de papel e de cartón recóllense dúas veces ao mes. Pola súa banda, a recollida porta a porta faise unha vez á semana.
Vidro:
recóllense unha vez ao mes.
Voluminosos:
a recollida porta de residuos voluminosos realízase unha vez ao mes.
Lixeiros:
dúas veces ao mes.
Residuos sólidos urbanos:
nalgunhas zonas faise unha vez por semana e noutras dúas veces, a depender da densidade.