É a porta de entrada aos servizos sociais onde onde primeiro chegan as demandas da veciñanza de Cerceda, que serán valoradas e orientadas dun xeitos personalizado e procurando a búsqueda da solución máis axeitada á necesidade social plantexada.
Dende este servizo ofrécese asesoramento sobre:
- Axudas económicas para a manutención de menores, para necesidades básicas, para mulleres vítimas de maltrato, emerxencias familiares ou persoais, a adquisición de axudas técnicas ou tecnolóxicas...
- Xestión de ingresos mínimos para persoas sen recursos ou que non poden traballar
- Servizos para a autonomía persoal e atención á dependencia
- Servizos específicos para persoas con discapacidade
- Primeira acollida a persoas migrantres
- Recursos de saúde.
- Servizos de apoio no fogar en situacións de falla de autonomía persoal: axuda a domicilio, axudas técnicas, teleasistencia domiciliaria.
- Servizos para persoas drogodependentes, alcohólicos, ludópatas...
- Servizos para a integración de menores e adolescentes
- Servizos para a conciliación da vida familiar e laboral
- Servizos para a formación básica de persoas adultas
- Servizos de asesoramento xurídico: tutela, acollemento ou adopción…
- Servizos de acompañamento ao emprego para persoas con especiais dificultades
- Servizos de orientación e mediación para a resolución de conflictos
- Programas de dinamización social e de lecer para as persoas maiores
- Orientación para a formación e xestión de asociacións prestadoras de servizos sociais
- Alternativas de aloxamento: vivendas sociais, axudas para a eliminación de barreiras arquitectónicas na vivienda para a xente con mobilidade reducida, residencias para persoas maiores e para persoas con discapacidades, casas de acollida para mulleres vítimas de violencia de xénero, acollementos en familias para nenos e nenas, persoas maioresou con discapacidade, axudas para mellorar as vivendas en mal estado...