Urbanismo e obras

O Concello de Cerceda ten entre os seus obxectivos potenciar e consolidar o seu crecemento urbanístico para se converter nunha vila compacta, cunha diversificación social e funcional e un crecemento heteroxéneo onde o territorio sexa utilizado de forma racional e sustentable.
OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL
Horario: os luns e os mércores de 9.00 a 11.00 horas
Solicite cita previa no teléfono 981 685 001
Dada a situación urbanística actual, nun futuro próximo parece lóxico xerar un modelo territorial en Cerceda onde se produza un crecemento do tecido residencial paralelo ao novo desenvolvemento industrial do municipio e tamén ao sistema de equipamentos e servizos de carácter supramunicipal, potenciando tamén infraestruturas de alta prestación que conectan Cerceda coas urbes próximas. A Oficina Técnica Municipal está ao servizo da cidadanía para resolver calquera tipo de dúbida relacionada co urbanismo, a execución de proxectos de edificación ou o ordenamento urbanístico. Do mesmo xeito, compételle todo o relacionado con aqueles traballos realizados por empresas especializadas, pola propia brigada municipal, ou polo alumnado da Escola Taller. Neste último caso, a execución de proxectos constitúe un complemento máis na formación de persoas en situación de desemprego.

Planeamento urbanístico

En materia urbanística, no Concello de Cerceda continúan vixentes as normas subsidiarias publicadas no Boletín Oficial da Provincia o 17 de agosto de 1996 e que podes consultar a través da web de planeamento urbanístico da Xunta de Galicia e do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.  

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares. Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.

Acepto as cookies para este sitio.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk