Trátase dun servizo de recursos ou prestacións sociais que teñen como fin ofrecer o apoio individualizado que favoreza a autonomía persoal e social dos veciños e veciñas en situacións máis desprotexidas con especial atención a menores, maiores ou persoas con algunha discapacidade ou con escasos recursos persoais e habilidades evitando o desarraigo familia, da veciñanza, e da contorna.
Realiza unha acción social globalizadora e polivalente, dirixida ao conxunto da poboación do Concello de Cerceda e que teñen por obxecto promover e posibilitar o desenvolvemento do benestar social de toda a cidadanía. Son prestados por equipos interdisciplinarios dependentes dos concellos e da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes.
Permite que as persoas dependentes ante situacións de emerxencia, con só premer un botón que levan enriba de xeito permanente, contactar telefonicamente durante as 24 horas cunha central de alarmas, atendida por persoal preparado para dar resposta axeitada á crise presentada.
Ofrece ás persoas con dificultades na autonomía persoal instrumentos que poidan necesitar para desenvolverse de xeito máis independente nas actividades da vida diaria: cadeiras de rodas, grúas, camas articuladas, andodores, cadeiras de baño e ducha…facilitando ás familias coidadoras as tarefas cotiás.
Entrega do xantar a domicilio ás persoas que teñen dificultades para prepararse a súa propia comida, asegurando deste xeito unha alimentación sá e equilibrada.
O Servizo de Axuda a Domicilio consiste na prestación dunha serie de atencións básicas a aquelas persoas e aos seus familiares no seo do seu domicilio cando se atopan en situacións nas que as súas capacidades físicas ou mentais están minguadas.
¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.
Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.