
O Concello de Cerceda está a acometer as obras de accesibilidade da Casa Consistorial, financiadas pola Consellería de Política Social, dentro da Orde do 21/07/29017, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvención aos concellos galegos, destinadas á mellora da accesibilidade nos edificios e espazos de uso público, cofinanciadas polo programa europeo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Galicia 2014-2020, e se procede a súa convocatoria para os anos 2017 e 2018.
A actuación consiste na “Mellora da accesibilidade da Casa Consistorial no seu acceso ao concello e ó xulgado" (itinerario e aseo).
Neste apartado pode atopar a normativa referente ós trámites para realizar as festas e verbenas populares, así mesmo pode descargar os formularios de solicitudes e declaracións ó efecto.
Consentimento cesión de datos certificados colectivos Concello de Cerceda
Solicitude nova praza na escola infantil
Solicitude renovación praza na escola infantil
Solicitude reserva de instalacións deportivas
Solicitude alta Piscina/Ximnasio Municipal
Solicitude baixa Piscina/Ximnasio Municipal
Solicitude de modificación nos recibos da piscina e ximnasio municipal
Solicitude de axudas á natalidadeSolicitude de axudas á natalidade
Solicitude de inscricións de entidades no Rexistro do Concello de Cerceda
Solicitude actividades deportivas e culturais 2024/25
- Solicitude de autorización para uso das vías públicas municipais en relación coas operacións forestais e similares
- Trámites para festas e verbenas populares
- Animais potencialmente perigosos
- Animais de compañía

Neste obradoiro vaise estudar o desenvolvemento da accións de futuro en conservación e promoción das áreas de interese ambiental, ocio de natureza e xestión dos recursos propios. Polo lo que e de interese que participen os diferentes colectivos que forman o concello. Esta xornada está aberta a toda a poboación.
- Xoves 3 de maio, ás 18:30 horas no primeiro andar da Biblioteca Municipal de Cerceda

Este venres, 27 de abril ás 17:15h, tocan Merendas e Contos para celebrar a semana do Libro e da Lectura na Biblioteca de Cerceda. Así que non esquezas facer a túa inscrición nas Oficinas xerais do Concello ou no teléfono 981685001.
- BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CERCEDA
- MERENDAS E CONTOS, ÁS 17:15H
- Espectáculo: De catro en catro, historias no mar
- INSCRICIÓNS: Nas Oficinas xerais ou no teléfono 981685001

Dende hoxe, 18 de abril, está aberto o prazo de solicitude do Programa benestar en Balnearios 2018.
Os solicitantes deberán ser maiores de 60 anos, ou de 55 se reunen a condición de pensionistas do sistema da Seguridade Social.
Poderán ir acompañados/as do seu cónxuxe ou fillo/a con discapacidade.
As quendas teñen unha duración do 10 días (9 noites), realizanse en réxime de epnsión completa e desenvolveranse entre o mes de maio a outubro de 2018.
O prazo de presentación de solicitudes é:
- ata o 16 de maio, para as quendas de maio a xuño.
- ata o 31 de maio, para as quendas de xullo a outubro.
Previsiblemente na primeira quincena de xuño, sairá una nova convocatoria de prazas en Talasos de Galicia, cunha duración de 6 días (5 noites), con quendas para o último trimestre do ano.

Este venres, 13 de abril a partir das 17:15 horas, toca unha sesión moi máxica de Merendas e Contos no Edificio da Biblioteca da Silva... O Mago Pedro Bugarín achegaranos ao seu mundo máxico, así que non esquezas facer a túa inscrición nas Oficinas Xerais do Concello ou no teléfono 981685001.
- MAXIA, MERENDAS E CONTOS... VENRES, 13 DE ABRIL A PARTIR DAS 17:15 HORAS
- POR RAZÓNS DE ESPACIO, A ACTIVIDADE DESENVOLVERASE NA PLANTA SOTO (CENTRO SOCIAL) DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DA SILVA
- ESPECTÁCULO DO MAGO PEDRO BUGARÍN. A PARTIR DOS 4 ANOS DE IDADE
- INSCRICIÓNS: OFICINAS XERAIS OU NO TELÉFONO 981685001