Actualidad

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á ESCOLARIZACION CURSO ESCOLAR 2020/2021

Por Decreto da Alcaldía-Presidencia de 23/11/2020, adoptouse o acordo de aprobación das bases reguladoras da con-vocatoria de axudas municipais á escolarización curso escolar 2020/2021, que se transcriben de seguido, e que se publican os efectos de inicio de prazo de solicitude.   Prazo de presntación das solicitudes: do 27 de novembro ó 3 de decembro   Mais información no Departamento de Servizos Sociais no teléfono 981 686 068   BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA Attachments:
ANEXO III- XUSTIFICACIÓN.pdf
Solicitude

Aprobación inicial NSS para a clasificación de solo urbanizable en Areosa

Aprobación inicial da modificación puntual das NSS para a clasificación de solo urbanizable en Areosa Descargar documentación

Programa de axuda alimentaria ás persoas máis desfavorecidas 2020

Solicitude de participación no Programa de axuda alimentaria ás persoas máis desfavorecidas 2020 Dende o departamento de servizos sociais, informase que dende o luns día 7, ata o mércores día 23 de decembro, ábrese o prazo para participar no Programa de Alimentos de Cruz Vermella 2020: “ayuda alimentaria del Fondo de Ayuda Europea para las Personas Más Desfavorecidas (FEAD).” Para solicitar a participación no programa de alimentos, debese de entregar nas oficinas do rexistro municipal, a solicitude que figura anexa, coa documentación que se require. Para mais información pódese contactar co telf: 981 68 60 68 Attachments:
ANEXO 1 .pdf

RECOLLIDA DE VOLUMINOSOS NO MES DE DECEMBRO DE 2020

No mes de decembro, e debido as distintas datas festivas, a recollida de voluminosos porta a porta vaise realizar o día 29/12/2020. O procedemento é o habitual:     • Chamando previamente ao 639.200.204
    • Enviando unha mensaxe de wasap ao número 616.167.131
Deberán seguir as indicacións que lles faciliten, no que se refiere ao depósito dos residuos.  

CONTENEDOR MARRÓN PARA A RECOLLIDA DE FRACCIÓN ORGÁNICA

Recordámosvos, que no Concello de Cerceda, temos colocados nas rúas dos núcleos urbanos de Cerceda e de A Silva estes contenedores de cor marrón, que son para depositar a fracción orgánica (restos de comida, sementes, froitos secos…)       Para facer un uso axeitado dos mesmos, podes chamar ao Concello (881.86.41.22) e farémosche entrega da chave que che permite depositar o lixo nos contenedores da rúa e dun caldeiro pequeno para depositar o lixo no teu domicilio.

Subvencións municipais a deportistas e entidades culturais ou deportivas para realizar actividades no ano 2020

Aprobadas en Xunta de Goberno Local celebrada o 18/11/2020, as bases e a convocatoria de subvencións municipais a deportistas e entidades culturais ou deportivas para a realización de actividades no ano 2020, que se transcriben, procede a súa publicación os efectos de inicio de plazo de solicitude.   Bases e convocatoria de subvención municipais a deportistas e entidades culturais ou deportivas para realizar actividades no ano 2020   Attachments:
ANEXOS SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN PARA ACTIVIDADES CULTURAIS OU DEPORTIVAS
XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN PARA ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS

Campaña de vacinación 2020

RECOLLIDA DE RESIDUOS VOLUMINOSOS PORTA A PORTA

O Concello de Cerceda presta un servizo de recollida de residuos voluminosos que non se poden depositar nos colectores da rúa.
A recollida realizase os últimos venres de cada mes; e deberán depositarse o día antes da recollida, ou no seu caso antes das 7:00 horas do mesmo día. Está totalmente prohibido depositar os residuos voluminoso con máis antelación.
Para facer uso deste servizo deberá se chamar aos teléfonos indicados.
IMPRESCINDIBLE AVISAR:
639 200 204
616 167 131
Recordamos que este tipo de residuos poden achegarse ao punto limpo no horario de apertura:
Martes e Xoves: 15:00 h a 19:00 horas
Sábado: 9:30 h a 13:30 h

SUSPENSIÓN DO PRAZO DE SOLICITUDE DAS AXUDAS MUNICIPAIS PARA TRANSPORTE ESCOLAR. CURSO 2020-2021

Con data 19/10/2020 publicaronse as bases das axudas municipais para transporte escolar no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP) número 174 comezando así, o prazo de presentación das solicitudes sendo de 15 días hábiles a contar a partir do día seguinte á publicación. Unha vez publicadas as bases detectaronse erros en varios puntos das mesmas motivo polo cal, con data 25/10/2020 a Concelleira de Benestar Social, Educación e Igualdade aprobou por decreto a suspensión do prazo de presentación das solicitudes que está vixente. O Departamento de Servizos Sociais procederá á elaboración dunhas novas bases que serán aprobadas polo órgano competente para a súa posterior publicación no BOP. Así mesmo, informar ás persoas interesadas que as solicitudes que xa foron presentadas no prazo actual teranse en conta e serán valoradas para a súa resolución.   Máis información no Departamento de Servizos Sociais no teléfono 981 686 068

Subcategorías

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares. Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.

Acepto as cookies para este sitio.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk