Noticias

Termalismo social do IMSERSO 2018. Aberto o prazo de solicitude.

Termalismo Social IMSERSO

Normativa:

Requisitos das/dos usuarias/os

Que reúnan algún dos seguintes requisitos:
  1. Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español.
  2. Ser pensionista de viuvedade con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
  3. Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con sesenta ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
  4. Ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco ou máis anos de idade.
O programa desenvolverase entre o mes de febreiro e o mes de decembro de 2018.

Prezo e forma de pago das prazas

O prezo para pagar polos usuarios e, no seu caso, os acompañantes, por praza e quenda, ascende ás cantidades que se sinalan, para cada balneario, mes e tipo de quenda, no cadro anexo I.

Documentación:

Se a temporada pasada a persoa solicitou praza e reunía os requisitos para participar no programa, o IMSERSO remitiralle por correo un modelo simplificado para a renovación da súa solicitude. Se accede por primeira vez ao Programa ou volve a solicitalo logo de non telo feito no ano 2016, deberá formalizar nova solicitude e informe médico:
  • Solicitude. A Declaración sobre o estado de saúde efectúaa o propio solicitante e, no seu caso o seu cónxuxe. Non precisa ir ao médico para que a cumprimente.
Prazo de presentación:
  1. Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ate o día 4 de xaneiro de 2018
  2. Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ate o día 11 de maio de 2018.

Máis información:

Cea baile de Nadal. Sábado 16 de decembro.

Como todos os anos, o concello, organiza unha cea baile con motivo das datas de nadal e para despedir o ano. A cea será no restaurante o Panadeiro o día 16 de decembro. Para anotarse hai que acudir o departamento de Servizos Sociais do concello e aboar unha cuota de 30 euros. O prazo para anotarse é do 21 de novembro ó 11 de decembro. O menú e o seguinte: - empanada da casa e tosta de churrusquiña - vieiras á galega - solombo de cocho recheo de queixo de arzúa e xamón con pataca panadera e frutos vermellos. - pannacotta de queixo con xeado de mandarina. - bebidas: aguas minerais, refrescos, viño, viño espumoso - Café, uvas e cotillón.

Publicación das listaxes das axudas concedidas e as denegadas para o material escolar, curso 2017-2018

Rematado o prazo de presentación de solicitudes , para as axudas dirixidas ás familias para libros de texto, material e vestiario para o curso 2017/2018, e unha vez comprobada a documentación que acompaña cada unha delas, a Xunta de Goberno Local celebrada o día 08/11/2017, aprobou a resolución definitiva das solicitudes concedidas e as denegadas, así como as contías das axudas. Informar ás persoas interesadas que de acordo co artigo 13 das bases da convocatoria disporán dun prazo para presentar no Rexistro Xeral do Concello a documentación xustificativa, establecida no artigo 12 de ditas bases. Prazo de xustificación: do 1 ao 15 de decembro de 2017 Máis información no teléfono 981 68 60 68     Attachments:
LISTAXE DAS AXUDAS CONCEDIDAS E AS DENEGADAS.doc

Publicación da relación de solicitudes completas ou pendentes de emenda para as axudas municipais para o transporte escolar

Con data 06/11/2017 o alcalde, José García Liñares, aprobou por decreto nº 680/2017, as listaxes coa relación das solicitudes completas e as pendentes de subsanar documentación, para as axudas municipais para o transporte escolar para o curso 2017-2018.   Informar ás persoas interesadas que disporán dun prazo de 10 días hábiles para presentar alegacións e/ou emendar a documentación requirida a contar a partir do día seguinte desta publicación. No caso en que as persoas interesadas non presenten, no Rexistro Xeral do Concello, a documentación para subsanar no prazo establecido, quedarán denegadas.   Prazo de subsanación: ata o día 21/11/2017   Máis información no Departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981 68 60 68   Attachments:
LISTAXES DAS SOLICITUDES COMPLETAS-INCOMPLETAS.doc

Programa Xuntos polo Nadal

Este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.
Prazas e destinos
Ofértanse un total de 240 prazas distribuídas do seguinte xeito:
- 120 na Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán (Pontevedra), para as persoas solicitantes das provincias de A Coruña e Ourense. Datas e servizos
Este programa levarase a cabo entre o día 23 de decembro de 2017 e o día 7 de xaneiro de 2018 e comprende os seguintes servizos:
  • Estancia na residencia durante 16 días (15 noites).
  • Aloxamento en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa.
  • Desprazamento en autobús desde os lugares que se establezan nas localidades que corresponda (Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo ou Ourense) ata a  residencia de tempo libre que se lle adxudique e viceversa.
  • Actividades de animación sociocultural.
A recollida das persoas participantes efectuarase o día 23 de decembro pola tarde e a volta o día 7 de xaneiro despois do almorzo. Persoas beneficiarias:
a) Ter 60 anos, cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
b) Estar empadroado nalgún concello galego.
c) Vivir so no seu domicilio e ter que pasar só/a as datas do Nadal.
d) Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade infecto-contaxiosa activa nin trastornos mentais ou de conduta non compensados que poidan alterar a convivencia. Solicitudes: O prazo de presentación será ata o día 17 de novembro incluído, nos servizos sociais comunitarios do concello.
Prezo da praza:
As persoas participantes que teñan uns ingresos inferiores ao IPREM (537,84€/mes), asistirán de forma gratuíta ao programa, mentres que aquelas cuns ingresos superiores a dito importe contribuirán ao pago da estancia coa achega de 50€.

Documentación:
As persoas ás que se lle adxudique praza terán que confirmar a súa asistencia e, no momento de incorporarse ao programa, ir provistas de:
  • DNI ou pasaporte en vigor.
  • Informe médico actualizado no caso de ter algunha limitación, alerxia ou enfermidade que requira de algunha atención especial (control sanitario, tratamento farmacolóxico, alimentación, accesorio de apoio, habitación individual ...etc). De non levar a acreditación da necesidade, non se lle prestará ningún tipo de atención especial.
  • Tarxeta sanitaria, medicación habitual necesaria e/ou accesorios para o transcurso da estadía.
  • Roupa cómoda.
Sinalamos que o aloxamento en habitacións individuais terá un carácter excepcional e que a necesidade do mesmo debe estar acreditado na documentación que acompaña á solicitude ou de selo caso mediante informe médico.

Viaxe a Sarria, sábado 4 de novembro 2017

O concello de Cerceda, organiza para o sábado 4 de novembro, unha viaxe a Sarria, co seguinte programa:  8.30 Saída de diante do Museo do Moucho 10.00 Chegada a Sarria           Visita polo pobo 14.00 Xantar A tarde baile 19.00 Saída para Cerceda.   * O programa está suxeito a modificacións que poidan darse ata o día da viaxe   O precio por persoa é de 22 €. Para mais información poden chamar ao 981 68 60 68.           

O departamento de Servizos Sociais participou nun estudo de investigación, levado a cabo pola Universidade de Berkeley (California) sobre a texting terapia.

O departamento de Servizos Sociais participou nun estudo de investigación, levado a cabo pola Universidade de Berkeley (California) sobre a aplicación de novas técnicas de intervención psicosocial, a texting terapia. Acaba de publicarse o artigo que presenta os resultados deste estudo, baseado no uso dun modelo cognitivo conductual, a texting terapia, como ferramenta de intervención terapéutica para mellorar a saúde mental, física e social de mulleres desempregadas de longa duracción. O metodo, consistía no envío automatizado de SMS os teléfonos móbiles das usuarias, selecionadas o azar dende os departamentos de servizos sociais dos concellos que participaron no estudo. Levouse a cabo durante 28 días. O cen por cento das mulleres que participaron no estudo amosaron a súa satisfacción e utilidade desta terapia. O artigo foi publicado no Journal of Technology and Human  Services, e pode consultalo no seguinte enlace.   Attachments:
Usability and Feasibility Study of a Remote Cognitive Behavioral Therapy System with Long Term Unemployed Women.pdf

Listaxe provisional do alumnado admitido e en agarda na escola infantil municipal. Curso 2017-2018

A Comisión de Baremación, Coordinación e Seguimento da escola infantil municipal "Os Pillabáns", reuniuse con data 29 de maio de 2017 para a valoración das solicitudes de renovación de praza e, aplicar o baremo de ingreso ás solicitudes de nova praza para o curso escolar 2017-2018. Unha vez baremadas todas as solicitudes asignáronse as prazas por orde de puntuación. As persoas interesadas, de acordo co artigo 19 do Regulamento da Escola infantil, dispoñen dun prazo de 10 días naturais posteriores á data de exposición pública desta listaxe, para efectuar as reclamacións que consideren. Estas reclamacións entenderanse resoltas coa publicación da listaxe definitiva. Máis información no Departamento de Servizos Sociais Attachments:
LISTAXE PROVISIONAL DO ALUMNADO ADMITIDO, EN AGARDA E PRAZAS DISPOÑIBLES.doc

EMPREGO PÚBLICO: CONVOCATORIA DE PRAZA DE ECUCADOR/A FAMILIAR

Convocatoria de praza de educador familiar. Lista de reserva das probas selectivas para a contratación en réxime laboral temporal dun educador familiar interino para o Departamento de Servizos Sociais. Ver máis información na Sede Electrónica do Concello

Plan de transporte público de Galicia

Con motivo da planificación do sistema de transporte público de Galicia e a integración do transporte baixo demanda, a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación Social, María Viqueira Iglesias, agradece a colaboración da veciñanza de Cerceda para que lle acheguen as súas opinións sobre os problemas relacionados co transporte público no noso concello. As persoas interesadas poderán achegar as súas suxerencias sobre as paradas, as rutas, os horarios e calquera outra cuestión relacionada co transporte, chamando ao teléfono 981 68 50 01 ou ben no correo electrónico

Subcategorías

FacebookTwitterDeliciousGoogle BookmarksRedditLinkedinRSS Feed Pin It

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares. Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.

Acepto as cookies para este sitio.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk