Artigos

Dende o Concello de Cerceda consideramos fundamental dar a coñecer á veciñanza o que acontece a nivel municipal e garantir o acceso da cidadanía á información institucional de xeito periódico, directo e veraz.


Neste sentido, o goberno local edita cada catro meses o Boletín Cerceda, unha publicación de información municipal na que se recollen as noticias máis relevantes da localidade, prazos e xestións administrativas, así como convocatorias, citas e eventos de carácter público e de interese xeral programados tanto polo Concello como por outras institucións. A súa distribución realízase de balde por todo o termo municipal. Permanece atento/a e non quedes sen o vindeiro boletín!

 Formulario de subscrición

 

Nesta sección poderá acceder e consultar os orzamentos do Concello de Cerceda no ano en curso e dos anos anteriores. Para cada orzamento poranse os datos máis salientables e os documentos para ampliar a información.

Para os consultar, pode acceder a través do menú de navegación do web ou das ligazóns situadas na parte dereita desta páxina.

Listado de centros, servizos e responsabilidades cos seus correspondentes contactos.

Neste apartado pode consultar a localización, a información de contacto e as características dos servizos e equipamentos con que conta o Concello de Cerceda para atender as necesidades da súa cidadanía.


Neste espazo podes descargar, para os consultares,

  • os documentos normativos do Concello de Cerceda
  • os modelos de documentos (instancias, solicitudes,...) para realizar os trámites co Concello de Cerceda.

Os Servizos Sociais de Atención Primaria do Concello de Cerceda realizan unha acción social globalizadora e polivalente para o conxunto da súa cidadanía, ao promoveren e posibilitaren o desenvolvemento do seu benestar social.


SERVIZOS SOCIAIS:

Casa do Concello, Avenida do Mesón, 21. 3ª planta, 15185 Cerceda

Contacto: 981 686 068 / Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

É un servizo de información e orientación sobre os recursos sociais e económicos aos que poden dereito aos veciños e veciñas de Cerceda co fin de atopar unha solución ás distintas problemáticas persoais, familiares e sociais.


 

Prestan un apoio integral e personalizado a todas as persoas ou familias que se atopen ante unha problemática, por diversas causas: por carencias económicas e sociais, por conflitos relacionais, por ausencias, desemprego, desarraigo, toxicomanías, etc.


Un equipo profesional interdisciplinar formado pola traballadora social, unha educadora, intervén conxuntamente cos integrantes de cada unidade de convivencia deseñando vías de resolución das problemáticas que presentan a fin de evitar riscos de desestructuración ou exclusión social

Trátase dun servizo de recursos ou prestacións sociais que teñen como fin ofrecer o apoio individualizado que favoreza a autonomía persoal e social dos veciños e veciñas en situacións máis desprotexidas con especial atención a menores, maiores ou persoas con algunha discapacidade ou con escasos recursos persoais e habilidades evitando o desarraigo familia, da veciñanza, e da contorna.


    

O Concello de Cerceda ten entre as súas prioridades promover a igualdade de dereitos e a non discriminación entre homes e mulleres, así como a participación e a integración das mulleres na vida social, cultural, económica e política do municipio.


Algunhas das medidas que cómpre salientarmos e que conforman algúns pasos importantes para facermos de Cerceda un municipio máis igualitario foron a creación dunha escola infantil municipal, coa que tamén contribuímos á conciliación da vida laboral, persoal e familiar, ou a elaboración do I Plan municipal de igualdade de oportunidades.

Para avanzarmos aínda máis neste camiño e compartirmos un futuro en igualdade, agardamos converter nunha realidade moi pronto o II plan. Á par da súa elaboración e da aplicación das medidas que este recolla o Concello de Cerceda continuará desenvolvendo políticas que incorporen a perspectiva de xénero en todos aqueles ámbitos en que ten competencia.

Desde a administración local, pola nosa proximidade á poboación, son moitas as iniciativas que podemos e queremos desenvolver para construírmos entre todos e todas un concello máis igualitario e contribuírmos tamén deste xeito á erradicación da violencia de xénero.

 

No deseño da programación cultural anual do Concello de Cerceda incídese de maneira moi especial na dinamización sociocultural dos diferentes colectivos e grupos.


Deste xeito, ao longo de todo o ano, desenvólvense diferentes actividades que tratan, fundamentalmente, de traballar os seguintes obxectivos:

  • Facer actos para conmemorar días especiais (Entroido, Nadal, Día do Deporte, Día do Senderista, Día do Libro, Día das Letras Galegas...)
  • Participar nos diferentes programas de difusión cultural que se propoñen desde diferentes organismos e outras administracións. Destacamos neste apartado o convenio do Concello de Cerceda coa Rede Cultural da Deputación da Coruña, coas iniciativas e programas específicos da Consellaría de Cultura e Deporte, etc...
  • Dinamizar a lectura nos centros educativos do Concello (concursos literarios por exemplo) e as actividades teatrais e musicais
  • Recuperar o valor cultural e etnográfico das nosas festas e romarías tradicionais
  • Desenvolver actividades específicas de promoción cultural
Neste espazo poderás coñecer máis polo miúdo todos os programas e as actividades que o Concello ten en marcha para dinamizar a vida cultural de Cerceda.

Á marxe dos indubidables beneficios que lle reporta á nosa saúde, tanto a nivel físico como psicolóxico, hoxe a práctica do deporte ten tamén unha relevante dimensión social e cultural, transmisora de valores e válida como instrumento de educación e de integración.


O Concello de Cerceda, co obxecto de fomentar o deporte entre a súa cidadanía e apoiar o deporte de base, destina unha parte importante do seu orzamento ao deseño dunha programación deportiva multidisciplinar e ao mantemento da súa rede de equipamentos deportivos.

Esta, que conta na actualidade cunha serie de instalacións de gran calidade e cunha ampla dotación de servizos, seguirá ampliándose nun futuro próximo coa incorporación inmediata doutras novas, caso do complexo deportivo de pádel.

Neste espazo, ademais de achegarche toda a información relativa a estas actividades, poderás coñecer algo máis sobre os nosos equipos e clubs deportivos, hoxe referentes para a xente máis nova do noso municipio e embaixadores do deporte que facemos en Cerceda.

O Concello de Cerceda fai unha aposta cada vez máis forte pola conservación ambiental e a sustantibilidade. Esta aposta concrétase a día de hoxe en diversos servizos dos que dá conta a Área de Medio Ambiente e Sanidade.


Traballos no xardín botánico

CASA DO CONCELLO
Avda. do Mesón, 21. 3º andar
Teléfono: +34 981 685 001
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Entre estes servizos atópanse os de mantemento e incremento de zonas verdes, iniciativas de educación ambiental, xestión axeitada de residuos, prevención de incendios ou promoción das enerxías alternativas. Dende a mesma área coordínanse tamén a comprobación, control e inspección das actividades empresariais no eido municipal.

PARQUES E XARDÍNS

En Cerceda existen multitude de zonas verdes deseñadas para o uso e gozo da cidadanía e das visitas que se acheguen a elas. Ademais do Xardín Botánico, existe unha gran zona verde no Acevedo, nas inmediacións da zona de ribeira do río Cabancos.

Tamén hai distintas áreas recreativas a carón dos ríos. Algunhas eran antigos depósitos de lixo, que foron recuperados e restaurados. Hoxe son zonas ben conservadas e respectuosas co contorno. As áreas recreativas naturais de Portabrea, Meirama, Xesteda e A Silva contan con mobiliario e servizos para gozar da natureza en primeira liña.

SAN MARTIO DE CERCEDAEDUCACIÓN AMBIENTAL

O municipio conta con instalacións específicas para a educación e formación ambiental, como é o caso do Ecomuseo de Cerceda. Este centro consta de dous andares en que o ambiente, a flora e a fauna de Cerceda adquiren o máximo protagonismo.

Entre os proxectos recentes destacan a nova Aula da Natureza e o Xardín Botánico de Cerceda, un amplo resumo da riqueza botánica e animal do contorno municipal. Ademais, o paseo fluvial do río Cabancos permite combinar unha actividade saudable coa observación da natureza.

O Concello promove tamén outras actividades a prol da conservación do medio, como o Concurso Recicla e os concursos de fotografía e debuxo ambiental.

SUPRESIÓN DA LICENZA MUNICIPAL DE ACTIVIDADE

Coa entrada en vigor da Lei 9/2013, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia suprimiuse a necesidade de obtención da licenza municipal de actividade, apertura ou funcionamento para a instalación, implantación ou exercicio de calquera actividade económica, empresarial, profesional, industrial ou comercial, establecéndose no seu lugar o réxime de comunicación previa da actividade.

De calquera maneira, as actividades seguen a estar suxeitas ás autorizacións ou declaracións ambientais que procedan, de acordo coa Lei 1/1995, de protección ambiental de Galicia:

    Declaración de incidencia ambiental.
    Declaración de efectos ambientais.
    Declaración de impacto ambiental.
    Autorización ambiental integrada.

 

XESTIÓN DE RESIDUOS

A recollida de lixo en Cerceda é selectiva. Ademais da recollida de lixo xenérica, recóllense envases lixeiros (colector amarelo), papel e cartón (colectores azuis), vidro (colectores verdes) e mesmo se fai recollida domiciliaria de residuos voluminosos de forma mensual.

As plataformas de colectores soterrados fan que o depósito de residuos se realice do xeito máis cómodo para a poboación. Ademais, está previsto aplicar outros proxectos para mellorar os servizos, como a recollida porta a porta do papel e cartón que producen os pequenos comercios do concello.

Ademais, o punto limpo de Cerceda permítelles ás persoas usuarias depositar de forma separada diversos tipos de residuos: escombros, voluminosos férricos, plásticos, residuos perigosos, pneumáticos fóra de uso, residuos de aparellos electrónicos, etc. Atópase nas proximidades do parque empresarial do Acevedo e do Parque Acuático.

PREVENCIÓN DE INCENDIOS

Este servizo desenvólvese nas datas previas á época estival. O seu obxectivo é previr os incendios forestais e os posibles danos que deles poidan derivar en zonas en que existan vivendas. Os traballos consisten principalmente en realizar rozas (mecanizadas e manuais), respectando os cultivos agrícolas e as especies vexetais protexidas pola lexislación vixente.

ENERXÍAS ALTERNATIVAS

O Concello de Cerceda está a facer unha aposta cada vez máis decidida polas enerxías alternativas. A máis notoria pódese observar no parque acuático, que conta cunha estación de placas térmicas solares. Esta estación utilízase para aumentar a temperatura da auga do parque dunha forma totalmente sustentable. Ademais estanse a barallar proxectos similares, como a instalación dun aeroxerador e dunha horta solar fotovoltaica.

 

 

O Concello de Cerceda ten entre os seus obxectivos potenciar e consolidar o seu crecemento urbanístico para se converter nunha vila compacta, cunha diversificación social e funcional e un crecemento heteroxéneo onde o territorio sexa utilizado de forma racional e sustentable.


OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL
Horario: os luns e os mércores de 9.00 a 11.00 horas
Solicite cita previa no teléfono 981 685 001

Dada a situación urbanística actual, nun futuro próximo parece lóxico xerar un modelo territorial en Cerceda onde se produza un crecemento do tecido residencial paralelo ao novo desenvolvemento industrial do municipio e tamén ao sistema de equipamentos e servizos de carácter supramunicipal, potenciando tamén infraestruturas de alta prestación que conectan Cerceda coas urbes próximas.

Oficina Técnica Municipal está ao servizo da cidadanía para resolver calquera tipo de dúbida relacionada co urbanismo, a execución de proxectos de edificación ou o ordenamento urbanístico.

Do mesmo xeito, compételle todo o relacionado con aqueles traballos realizados por empresas especializadas, pola propia brigada municipal, ou polo alumnado da Escola Taller. Neste último caso, a execución de proxectos constitúe un complemento máis na formación de persoas en situación de desemprego.

Planeamento urbanístico

En materia urbanística, no Concello de Cerceda continúan vixentes as normas subsidiarias publicadas no Boletín Oficial da Provincia o 17 de agosto de 1996 e que podes consultar a través da web de planeamento urbanístico da Xunta de Galicia e do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

 

Co motivo do Día das Letras Galegas de 2010, o Concello de Cerceda convocou o I Certame de recollida da tradición oral, en colaboración cos centros de ensino do municipio, o CPI O Cruce de Cerceda e o CEIP Celso Emilio Ferreiro da Silva, e destinado ao alumnado de secundaria.


O certame consistía na recolla das lendas, contos, cantigas, cancións e refráns tradicionais que os e as nosas maiores conservan, co fin de contribuír a súa valorización entre as xeracións máis novas e para os conservar como parte do noso patrimonio cultural.

Como resultado deste certame, presentamos nesta páxina web os textos recollidos, para difundilos non só entre a nosa cidadanía, senón para todas as persoas a través da rede.

A recolla está dividida en tres apartados:

  • Contos e lendas
  • Muiñeiras, cancións e cantigas orais
  • Refráns

A seguir, relacionamos as persoas que participaron nesta certame, tanto a través como recompiladores e recompiladoras das cantigas, como as informantes, a quen o Concello de Cerceda agradece encarecidamente a súa dedicación, o seu tempo e, sobre todo, o seu extraordinario labor a prol da dignificación da nosa cultura tradicional.

Nota: esta compilación está a ser ampliada e en breve porderá descargarse dende esta páxina en formato PDF e de libro electrónico a versión completa.

AUTORES E AUTORAS DAS RECOLLIDAS

  • Chave: (B.B.V.) Autor: Belarmino Bello Villaverde
  • Chave: (C.F.T.) Autora: Coral Fuentes Tasende
  • Chave: (C. L. / A. L. / O. P.) Autoría: Cristian Loureiro Raña, Adrián Loureiro Raña e Oscar Pereiro Fuentes
  • Chave: (C.L.M. / V.C.G.) Autoras: Cecilia Lois Martín e Vanessa Casás Gacio
  • Chave: (C.R.A.) Autora: Carina Regueira Arijón
  • Chave (D.P.) Autoría: Darío Pereiro
  • Chave: (I.M.P.) Autora: Inés Martínez Pena
    • Informantes:
    • Josefa Pombo, nada na Silva, de 74 anos de idade
    • Ricardo Pena, nado en Queixas, de 73 anos de idade
  • Chave: (J.C.L.) Autora: Jennifer Calviño López
  • Chave: (J.J.V. / C.P.) Autoría: Juán José Valier Salgado, Coral Pallas Liñares
    • Informantes:
    • Jesusa Fuentes Mosquera, nada en Tourio, Queixas hai 91 anos
    • Juan Valier Grela, nado no Castelo, Meirama hai 60 anos.
  • Chave: (L.R./ M.G. /L.P) Autoras: Leticia Rodríguez Cabeza, Míriam García Raña, Lydia Pardo Becerra
    • Informantes:
    • Manuela Cabeza Iglesias, de 52 anos, nada en Belir
    • Gumersindo Raña Rama, de 82 anos, nado no Rego da Iña
    • Clarisa Regueiro Castro, de 81 anos e nada en Rodís.
  • Chave (L.R.O.)
    • Autora: Lidia Raña Otero
    • Informante:
    • José Otero Santos, de 81 anos e nado en Cerceda
  • Chave: (L.V. / M. F. / D. P. / A. L.) Autoría: Lara Vázquez Rodríguez, Marta Fraga Pereiro, Diego Pena Castiñeiras, Angel Lamas Castro
    • Informantes:
    • María Hermosinda Parceiro Loureiro, nada en Cerceda en 1944.
    • Pepa Lista, nada en Vilamarta en 1944
    • Melchor Rodríguez Peña, nado en Santabaia, residente en soandres, de 65 anos
    • Carmen Rodríguez Verdía, nada en Revirente e recollidas en Codesuso, Soandres (A Laracha), de 73 anos
  • Chave (M.O.D.) Autora: Marta Otero Deus
    • Informantes:
    • Hermosinda Domínguez Vello, de 66 anos de idade, nada en Zas e recollidas en Queixas
    • María Fraga Rodríguez, de 75 anos, nada en Xesteda e recollidas en Queixas.
    • José Deus Dubra, de 75 anos, nado en Xesteda e recollidas en Queixas.
  • Chave: (M.L. / M. N. / D. R.) Autores: Miguel Loureiro Ameijenda, Marco Nicolli Becerra e Dylan Raña Pose
    • Informantes:
    • Felisa Pallas Boquete, nada en Rodís en 1947.
    • Eusebia Pallas Cambre, nada no Toural (Rodís) en 1934.
    • Pilar Cabeza Golán, nada no Adro (Rodís) en 1940.
    • María Regueiro Fraga, nada en Barreiro (Rodís) en 1947.
  • Chave (N.P.) Autora: Natalia Picón
    • Informante:
    • Dolores Gende Lois, de 73 anos de idade e nada nas Encrobas e recollidas en Queixas
    • José Picón Juncal, de 72 anos, nado na Espiñeira (Xesteda)
    • Andrés Muíño Tasende, de 64 anos de idade, nado no Vilar (Cerceda) e recollidas en Virís.
  • Chave: (R.B. / J.C. / R. F. / R.G.) Autoría: Rubén Barreiro Bértoa, Judit Cabeza Martínez, Rubén Fariña Lista, Raquel González Rama
    • Informantes:
    • José Rama Rama, nado en Barral (Carballo) no ano 1929
    • María Josefa Pallas Mayo, nada na Silva, Rodís no ano 1926
    • Gumersinda Varela Gesto, nada en Telleira, Artes (Carballo) en 1934
    • Delmira Rama Varela, nada en Telleira, Artes (Carballo) en 1958
  • Chave (T.S.R.)
    • Autora: Tatiana S. R.

Relación de entidades culturais e deportivas inscritas no rexistro municipal de asociacións e activas (solicitantes da Convocatoria 2014 de axudas municipais).

Dende o Concello de Cerceda facemos unha forte aposta polo desenvolmento económico dando apoio ás empresas e persoas autónomas que desenvolven a súa actividade económica no noso municipio, así como a aquelas que queren emprender un novo proxecto empresarial.


Entre as nosas prioridades tamén está o asesoramento, orientación e formación das persoas en situación de desemprego. Para prestar estes apoio a empresas/persoas autónomas e persoas en situación de desemprego contamos cos seguintes servizos:

  • Servizo de promoción económica (Axente de Desenvolvemento Local)
  • Servizo de orientación laboral
  • Servizo de Apoio a Empresas e Persoas Autónomas
  • Viveiro de Empresas Municipal

A área de desenvolvemento económico conta con unha páxina nunha rede social, Emprego e Emprendemento Cerceda, actualizada diariamente con información de interese do ámbito empresarial e do emprego.