Actualidade

O Concello de Cerceda organiza para a primeira fin de semana do mes de marzo, do 2 ao 4, unha viaxe a Cabeza de Manzaneda. Se tes entre 18 e 30 anos, ésta é a túa oportunidade para aproximarte á práctica deportiva do esquí. A viaxe inclúe:

* Aloxamento de dúas noites en Apartamentos Galicia (apartamentos para 4 persoas) en réxime de pensión completa (que inclúe: o uso da pisicina cuberta e climatizada)

* Sesións de 3 horas de iniciación na práctica do esquí, o sábado 3 e o domingo 4 de marzo.

* Material deportivo

* Forfait do día

* Autobús dende Cerceda a Cabeza de Manzaneda (e regreso)

PREZO: 125,00 euros por persoa (Sempre e cando se teña un grupo mínimo de 30 persoas)

APERTURA PRAZO INSCRICIÓN: Xoves, 1 de febreiro.

INSCRICIÓNS: Nas Oficinas xerais do Concello

Este venres, 26 de xaneiro, voltan as Merendas e Contos á Biblioteca municipal de Cerceda. Non perdas a visita de Trinke Trinke, a partir das 17:15h, e non esquezas facer a túa inscrición nas Oficinas xerais do Concello ou no teléfono 981685001

 

  • BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CERCEDA
  • VENRES, 26 DE XANEIRO-- ÁS 17:15H
  • ESPECTÁCULO: AS ILLAS DOS TESOUROS de TRINKE TRINKE TEATRO
  • Inscricións no teléfono 981685001

O Concello de Cerceda xa ten todo preparado para recibir as SS.MM os Reis Magos de Oriente este venres, 5 de xaneiro. Está previsto o comezo do percorrido, a partir das 17h, dende a Casa do Concello. O acto de recepción as súas Maxestades será no Auditorio municipal, onde non faltarán os agasallos, o chocolate e o tradicional Roscón. Prepara a túa carta cos teus desexos !!

O Concello de Cerceda organiza un obradoiro de poda para o mes de xaneiro. A actividade desenvolverase os días 8, 15, 22 e 29 de xaneiro das 16:30 ás 18:30 h, no Centro cívico. As persoas interesadas xa poden facer a súa inscrición nas Oficinas xerais do Concello. O número máximo de persoas inscritas será de 15 e para a súa realización será preciso un número mínimo de 10 solicitudes. O custe é de 12 euros.

CONTIDOS DO OBRADOIRO DE PODA:

  • As ferramentas de poda e o seu mantemento 
  • Para qué serve a poda. Tipos de cortes segundo o que buscamos.
  • As diferentes tipoloxías de poda nas árbores ornamentais.
  • Xeneralidades sobre a poda nas árbores froiteiras
  •  Métodos de reproducción vexetativa: enxetos, gallos, e acodos.
  • Influencia das fases da lúa no comportamento das plantas.
  • Tratamentos naturais para as froiteiras.

O Concello de Cerceda xa ten todo preparado para recibir a Papá Noel; a súa visita dará comezo na Escola infantil municipal a partir das 10h. A continuación, espérano o alumnado do CPI O Cruce.  Os agasallos de Papá Noel tamén serán, moi ben recibidos, no Centro residencial de Día a partir das 11:45h. Finalmente, será o CEIP Celso Emilio Ferreiro quen reciba a Papá Noel.

 

Os/as deportistas e ás entidades culturais/deportivas beneficiarias das Subvencións municipais 2017 teñen ata o venres, 15 de decembro de 2017, para a xustificar as contías concedidas. Podes acceder dende esta nova a toda a documentación necesaria para facer a xustificación ou para solicitar a prórroga do prazo de xustificación que se deberá achegar, en todo caso, ata o 15 de decembro nas Oficinas Xerais do Concello de Cerceda.

Por Decreto da Alcaldía – Presidencia 716/2017, de 16 de novembro de 2017, apróbase a resolución da Convocatoria pública de subvencións municipais a deportistas e ás entidades culturais e deportivas para a realización de actividades no ano 2017 (BOP núm. 180, de 21 de setembro de 2017). Podes acceder dende esta nova á resolución 2017.

 

O próximo sábado, 2 de decembro, espéranos unha tarde chea de maxia no Auditorio municipal de Cerceda. Non perdas a ocasión de coñecer ao Mago Román e o ilusionista Kiko Pastur. Ás 18:00h

 

O mago e ilusionista máis premiados de Galicia e con máis de 15 anos de experiencia, volven a xuntarse para crear un novo espectáculo que recolle os mellores números de maxia que fixeron nos últimos anos. Unha nova forma de ilusionarse que asombrará, divertirá e fascinará a toda clase de públicos.

Sábado, 2 de decembro// Ás 18:00h Auditorio municipal de Cerceda

Coa colaboración da Deputación da Coruña a través da Rede Cultural 2017

Rematado o prazo de solicitude e o prazo de subsanación da documentación requirida e unha vez valoradas todas as solicitudes de acordo co establecido nas bases da convocatoria, a Xunta de Goberno Local aprobou en data 29/11/2017 a relación das axudas concedidas e das denegadas.

Informar ás persoas interesadas que de acordo co artigo 11 das bases da convocatoria o prazo para presentar no Rexistro Xeral do Concello a documentación xustificativa comezará o día 1 de decembro e rematará o 30 de decembro de 2017. Segundo o artigo 11.2 das bases, no caso en que non presenten a xustificación no prazo establecido, entenderase que desisten da súa petición.

De acordo co establecido no artigo 12, o pagamento da axuda concedida farase efectivo logo da presentación da documentación xustificativa.

 

Attachments:
FileFile size
Download this file (LISTAXES DAS SOLICITUDES CONCEDIDAS-DENEGADAS.doc)LISTAXES DAS SOLICITUDES CONCEDIDAS-DENEGADAS.doc67 kB

Páxina 27 de 31