De conformidade co disposto na Lei 38/2003 Xeral de Subvencións, é obxecto destas bases a regulación das axudas individuais de pago único a menores con trastorno do desenvolvemento ou que se atopen en situación de risco de padecelos, derivados de discapacidade e/ou dependencia e/ou patoloxías médicas, trastorno grave de conduta, trastorno grave de comunicación, que produce alteración das estructuras ou funcións corporais, restricións na participación social ou calquera outro factor contextual, se produce un atraso ou desviación significativo no desenvolvemento das súas capacidades, adquisición e recursos persoais típicos para a idade de referencia ...

>>> Ver ou descargar documento completo (BOP 95 16/05/2024; PDF)

 

Convocatoria de axudas ao fomento da natalidade e asentamento poboacional do Concello de Cerceda para a anualidade 2024.

Esta convocatoria ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerá o establecemento de axudas económicas ás familias do Concello de Cerceda, co obxecto impulsar estratexias para fixar e fomentar o aumento da poboación municipal e o seu rexuvenecemento, evitando o despoboamento rural ...

Prazo de presentación de solicitudes do 16 de maio ata o 30 de novembro de 2024.

 

>>> Ver ou descargar documento completo (BOP 94 15/05/2024)

>>> Ver ou descargar solicitude

 

Dende o 15 ao 30 de abril de 2024 está aberto o prazo de solicitude de praza nova na escola infantil "Os Pillabáns" para o curso 2024/2025.

A documentación precisa que se debe de adxuntar xunto co modelo de solicitude é a que se acompaña no anexo. Esta documentación debe ser presentada na Sede Electrónica do concello, no Rexistro Xeral ou en Servizos Socias do concello, en horario de 9.00horas a 14.00horas.

Máis información no Departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981 68 60 68

O próximo día 22/04/2024 farase unha nova recollida de plástico agrícola nas diferentes explotación agrícolas e gandeiras do Concello de Cerceda.

O procedemento para solicitar a recollida é o seguinte:

  1. Os interesados deben chamar ao 881.04.67.76 para solicitar o servizo indicando a cantidade a recoller e os datos do punto de recollida.
  2. O plástico debe estar nun lugar que sexa accesible para o camión encargado da carga con grúa.
  3. O plástico debe estar limpo, sen residuos e atado en fardos (senón é así non se poderá efectuar a recollida)

Segundo o Real Decreto 637/2021, do 27 de xullo, cómpre rexistrar as explotacións avícolas existentes en todos os concellos de Galicia.

Con respecto a esta normativa, informámosvos:
• Esta obriga esténdese tamén ás explotacións (galiñeiros) dedicadas ao autoconsumo.

• Ademais de non comercializar coa carne ou os ovos, o número de aves das explotacións de autoconsumo non debe ser superior a trinta.

• O incumprimento desta medida pode dar lugar a sancións. É preciso presentar o código que recibirán ao presentar o trámite para mercar polos para repoñer no curral.

• No caso das explotacións que comercialicen os ovos ou a carne, ademais de cubrir o impreso específico, recoméndase contactar coa Xefatura Territorial de Medio Rural da Coruña.

O impreso da Xunta de Galicia a cubrir é o MR501A
https://acortar.link/7ZO0ai

O Concello de Cerceda presentou esta mañá a terceira edición da proba deportiva Poseidon Race organizada polo club local OCR Cerceda, en colaboración co Concello. Esta proba deportiva consiste nunha carreira de obstáculos que terá lugar o 25 de maio no Aquapark cercedense e as súas inmediacións.

A proba deuse a coñecer hoxe, ás 13:45 horas, no salón de plenos da Casa do Concello e no acto interviñeron o alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez; o concelleiro de Deportes, Óscar Golán; e o presidente do OCR Cerceda, Álvaro Sánchez.

A carreira contará coas categorías Elite, Starter e Popular. A primeira terá un percorrido de 10 quilómetros e 60 obstáculos, mentres que as restantes, a diferencia da edición do ano pasado, terano de 8 quilómetros. Iso si, terán que superar o mesmo número de obstáculos, nos que se porá a proba a forza, o equilibrio ou a puntería dos e das participantes.

A primeira categoría que tomará a saída será a Elite e producirase ás 15:00 horas. A continuación, ás 16:20 horas, arrancarán os ‘starters’ e as categorías populares sairán cada 20 minutos dende as 16:40 ata as 18:00 horas.

Esta proba forma parte da Liga OCRA Galicia 2024, Liga AOCO, Liga North Finals e será clasificatoria para o mundial de California OCRW.

ÉXITO DE PARTICIPACIÓN

Esta III edición da Poseidon Race apunta a que será un éxito rotundo de participación, tanto a nivel cuantitativo como cualitativo. A máis de dous meses da proba, o número de anotados roza os 660, a menos de 50 inscritos do récord establecido o ano pasado, cando participaron 700 persoas. Para formar parte da proba, as persoas interesadas deberán apuntarse a través da páxina www.ccnorte.com

En Cerceda daranse cita os mellores atletas nacionais e internacionais deste tipo de carreiras con deportistas de elite chegados dende países como Portugal, Dinamarca, Bélxica, Sudáfrica ou Alemaña.

O alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, subliñou “a aposta decidida deste goberno pola colaboración con este tipo de eventos, que fomentan o deporte e que lle dan visibilidade a recursos que son de moito interese para nós”.

“Co noso apoio imos tratar de darlle un novo impulso a unha cita que non deixa de medrar, tanto a nivel de participación como de calidade, nas verbas dos propios participantes”, insistiu o rexedor.

O presidente do club organizador da carreira, Álvaro Sánchez, agradeceu a colaboración do Concello de Cerceda, pois “sen ela sería totalmente imposible darlle ao evento a magnitude que ten a día de hoxe”.

Amosou a súa “felicidade” polo grande éxito de inscricións e “animo á xente a que sigan anotándose”. Fixo fincapé en que “este ano formarán parte da Poseidon Race algúns e algunhas dos mellores corredores/as do mundo”, o que definiu como “un soño para nós”.

Páxina 1 de 26